Emmy Noether: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dennui (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Álgebra mediante HotCat
Dennui (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31:
Doutorouse en [[1907]] e axiña acadou reputación a escala mundial. Porén, na [[Universidade de Gotinga]], o seu compañeiro [[David Hilbert]] tivo que anunciar como propios no prospecto da universidade os cursos impartidos por ela. Seguiu unha longa controversia, na que saíron a relucir enquisas preguntando ós soldados o que pensarían se cando eles retornaran da guerra se atoparan con ter que aprender ós pés dunha muller, ou a consecuencia de que o seu ensino levaría aparellado o voto no claustro académico. Hilbert dixo "Non vexo que o sexo da candidata estea en contra da súa admisión na escala docente. Despois de todo, o claustro non é unha casa de baño". Foi finalmente admitida no ano [[1919]]. Xudía, Noether foi forzada a saír da Alemaña nazi no [[1933]] cara aos [[Estados Unidos de América|EUA]].
 
Fixo contribucións moi importantes ás matemáticas e á [[física]] teórica. Traballou en matemáticas sobre a [[teoría de invariantes]] e a [[teoría de aneis]] en [[álxebra]]s non [[conmutatividade|conmutativas]]. En física, chegou ó resultado crucial coñecido como [[Teorema de Noether]], que converte condicións de invariancia respecto a transformacións xeralizadasxeneralizadas de sistemas físicos, é dicir, [[simetría]]s, en [[lei de conservación|leis de conservación]].
 
Os resultados do Teorema de Noether son parte fundamental da física moderna, baseada substancialmente en propiedades de simetría. Na súa honra foron nomeados os [[aneis de Noether]].