Diferenzas entre revisións de «Praza.gal»

m
sen resumo de edición
m
m
No seu inicio, o traballo xornalístico remunerado corría a cargo de tres persoas: [[Marcos Pérez Pena]], [[David Lombao]] e máis [[Lara Graña]]. Tras a marcha de Lara Graña incorporouse ao equipo o xornalista [[Miguel Pardo]].
 
Difunde anualmente informes de transparencia sobre a súa situación organizativa, social, económica e de audiencia, mostrando os datos económicos desagregados por ingresos e gastos de cada mes.<ref>[http://praza.gal/info/20/as-contas-de-praza/ Informes de transparencia en Praza Pública.gal]</ref>
 
En decembro de 2018 lanzou a reformulación do seu deseño, coa creación dunha área privada para as socias e edicións locais das sete cidades. Nese momento tamén se estreou baixo a súa plataforma a revista dixital ''[[Vinte (revista)|Vinte]]''.
== Redes sociais e comunidade ==
 
Desde a súa creación, o diario Praza Pública.gal apostou polas [[Rede social|redes sociais]]. Así, en marzo de 2018 a súa comunidade ascendía a máis de 40.000 persoas entre [[Facebook]], [[Twitter]] e [[YouTube]]. Na portada mantén a sección ''Fálase de...'', dedicada a compartir mensaxes curtas de noticias de última hora, vídeos, fotografías ou noticias de medios asociados como [[eldiario.es]], [[Nós TV|Nós televisión]] ou outros.
 
Tamén conta coa sección Obradoiro<ref>[http://praza.com/blogs/ Sección Obradoiro de Praza Pública.gal]</ref>, unha comunidade de blogs asociados especializados en tecnoloxía, crítica literaria, ecoloxismo, política, lingua, cociña ou opinión.
 
== Notas ==
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.praza.gal/ Páxina do diario]
637

edicións