Protistas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5112251 de 95.39.241.154 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 91:
As células teñen tipicamente dous [[flaxelo]]s lixeiramente desiguais, que son lisos, e un único [[orgánulo]] denominado ''haptonema'', que é superficialmente similar a un flaxelo mais que se diferencia do mesmo no conxunto de [[microtúbulo]]s e no seu uso. As súas [[mitocondrias]] teñen cristas tubulares.
 
As haiptófitas máis coñecidas son as [[cocolitófora]]s (ordes [[Coccolitales]] e [[Isocrisidales]]), que teñen un [[exosqueleto]] de placas calcarias denominadas ''cocólitos[[cocólito]]s''. Constitúen o [[fitoplancto]] mariño máis abundante, especialmente en mar aberto e son extremadamente abondosas como [[microfósil]]es. Outras haptófitas planctónicas son ''[[Chrysochromulina]]'' e ''[[Prymnesium]]'', que periodicamente producen floracións algais mariñas tóxicas, e ''[[Phaeocystis]]'' que produce floracións que poden xerar unha escuma desagradable que se acumula nas praias. Estudos moleculares e morfolóxicos dividen as haptófitas en cinco ordes.
 
==== Criptófitas ====