Biblia hebrea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
revisións de contidos
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 2:
As expresións '''Biblia hebrea''' ou '''Biblia hebraica''' ({{lang-la|Biblia hebraica}}) son usadas para referirse de modo xenérico ós libros da ''[[Biblia]]'' escritos orixinalmente en [[Lingua hebrea|hebreo]] e [[Lingua aramea|arameo]] antigos e que forman parte do canon xudeu chamado [[Tanak]]. Tamén pode referirse ó conxunto de libros chamado de antigo testamento, usado por algunhas denominacións [[Cristianismo|cristiáns]] evanxélicas, mais que non inclúen as partes deuterocanónicas do ''[[Antigo Testamento]]'' e o ''Anagignoskomena'' [[Igrexa ortodoxa|ortodoxo]]).<ref>{{cita web|lingua=castelán|url=http://www.historialuniversal.com/2010/07/cultura-hebrea.html|dataacceso=25 de decembro de 2016|título=Cultura Hebrea}}</ref>{{sfn|Tabet|2003|p=245}} O termo non implica ningún xénero de denominación, numeración ou ordenación de libros, que é moi variable. (Véxase [[Canon bíblico]]).{{sfn|Tabet|2003|p=19}}
 
No estudo erudito contemporáneo, é común referirse polo termo a unha das tres edicións da obra publicada por [[Rudolf Kittel]]. Neste contexto é frecuente a abreviatura ''BH'', ou ''BHK'' (K por Kittel), ou (onde se refiren ás distintas edicións), ''BH1'', ''BH2'' e ''BH3''.<ref>{{cita web|url=http://www.recursosteologicos.org/Antiguo-Testamento-Hebreo.htm|lingua=castelán|dataacceso=25 de decembro de 2016|título=Hebreo|editorial=Recursos Teológicos|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20170105103542/http://www.recursosteologicos.org/Antiguo-Testamento-Hebreo.htm|dataarquivo=05 de xaneiro de 2017|urlmorta=si}}</ref> As primeiras dúas edicións apareceron entre [[1906]] e [[1913]], respectivamente; a diferenza entre elas é leve, salvo por unha lista de pequenas rectificacións na segunda. Esta segunda edición foi reimpresa varias veces. Vense tamén notas que engaden extractos da [[Tora samaritana]], da [[Septuaxinta]], da [[Vulgata]] e da [[Peshitta]]. Na terceira edición reproduciuse o texto hebreo atopado no [[Códice de Leningrado]], o cal é o mesmo que serviu de fonte para a ''Biblia Hebraica Stuttgartensia''.{{sfn|Tabet|2003|p=231}}
 
Ó lado da tradición, algúns estudos apuntan que os libros que compoñen a Biblia hebrea desenvolveranse ó longo de aproximadamente un milenio, e os textos máis antigos parecen vir do [[século -XI|século XI a.e.c.]] ou do [[século -X|século X a.e.c.]], restando que os demais parecen ter orixe un pouco máis nova. Esas obras foron compostas pola compilación de escrituras intricadas e coidadosamente postas en conxunto e secuencia.{{sfn|Gabel|Wheeler|2003|p=94}}