Venres Santo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
descubre > descobre
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 23:
A [[Igrexa Católica]] considera o Venres Santo un día de [[xaxún]] e abstinencia obrigatorio, agás causas de exclusión recoñecidas, na de [[Igrexa Católica latina|rito latino]] os crentes entre 18 e 59 anos han de gardalo reducindo a cantidade de comida habitual a un xantar e dúas comidas máis pequenas que xuntas non sobrepasen a comida principal en cantidade, estando prohibida a inxesta de carne aos crentes maiores de catorce anos. As [[igrexas católicas orientais|igrexas orientais]] seguen as leis particulares de cada rito pero en conxunto ao igual que as igrexas ortodoxas seguen un xaxún estrito o Venres Santo.
 
No rito latino non se celebra a [[misa]] entre a [[Eucaristía]] da tarde do [[Xoves Santo]] e a [[Vixilia Pascual]], agás raras excepcións autorizadas polo [[Santa Sé|Vaticano]] ou o bispo local. Non se poden celebrar [[Sacramento (relixión)|sacramentos]], agás o [[bautismo]] para os que estean en perigo de morte, a penitencia e a unción dos enfermos. A comuñón distribúese dentro do servizo da Paixón do Señor, aínda que se pode levar en calquera hora do día aos enfermos que non poidan acudir ao servizo. O [[altar]] ha de estar por completo baldeiro e mais é costume librar as pías de [[auga bieita]].<ref>[http://www.catholicliturgy.com/index.cfm/FuseAction/LawText/Index/6/LawIndex/46 Removing Holy Water During Lent] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20140419021227/http://www.catholicliturgy.com/index.cfm/FuseAction/LawText/Index/6/LawIndex/46 |date=19 de abril de 2014 }}, 14 de marzo de 2003</ref>.
 
A celebración da Paixón do Señor celébrase despois do mediodía, idealmente contra ás tres da tarde, pero por razóns pastorais pode atrasarse. O sacerdote e diácono van revestidos de cor vermella, antes de 1970 ían de negro agás na parte da comuñón, cando vestían de violeta<ref>[http://www.musicasacra.com/pdf/missale62.pdf Misal romano de 1962].</ref>, e antes de 1955 usábase sempre o negro<ref name="sanctamissa.org">[http://www.sanctamissa.org/EN/resources/missale-romanum-pdf.html Misal romano de 1920]</ref>.