A fiestra valdeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
estilo
Liña 53:
Don Miguel, que xa se decatou do seu erro ao facer caso a súa muller e a súa filla, pretende recuperar o anaco do cadro, para iso ofrece unha lancha aos mariñeiros. Nogueira advírtelle que pode parecer que os querer comprar. En determinado momento, entra Adelaida e mira o estado no que se encontra o seu pai. Nese momento cae na conta do erro que cometera e contacta cos mariñeiros. Para rematar, os mariñeiros devólvenlle o anaco do cadro, mais non lle aceptan nada a cambio pois ven que o seu arrepentimento é sincero. Don Miguel tenta darlle uns cartos a Matapitos para que se faga capitán dun navío ben grande, pero este os rexeita.
 
== Personaxes: ==
 
* <u>Don Miguel</u>. É o protagonista principal da obra. Vello de boa planta, mariñeiro na súa mocidade e que fixo fortuna no Brasil. Agora está retirado na súa vila natal (Rianxo) e, pese a súa idade, aínda se considera mariñeiro. É o que lle encarga o cadro ao pintor.
* <u>Dona Balbina</u>. Muller de Don Miguel, avergóñase e renega da súa orixe humilde e da vida mariñeira do seu marido á vez que manifesta o seu desexo de pertencer á fidalguía.
Liña 72 ⟶ 71:
* <u>O mar</u>. Tanto o mar como a vida mariñeira son dúas pezas fundamentais nesta obra. A presencia do mar apréciase sobre todo no léxico mariñeiro que podemos apreciar ao longo de toda a obra, tamén nas personaxes, na fiestra, nas historias secundarias etcétera. É, ademais, un punto clave no que ao conflito principal se refire.
 
== Lugar e tempo da acción: ==
A obra ten lugar nunha pequena vila mariñeira, a cal pode ser perfectamente Rianxo (o autor foi nado alí). A totalidade da obra desenvólvese nun único espazo: no salón da casa de don Miguel.
 
Liña 81 ⟶ 80:
# Finalmente, o terceiro ten un tempo indeterminado.
 
== Elementos destacábeis da obra: ==
 
=== Léxico mariñeiro ===
Liña 111 ⟶ 110:
Con esta obra, Dieste tentou modernizar o sistema literario galego e afastalo do [[ruralismo]].
 
== Repercusión da obra na época: ==
A obra de Dieste recibíurecibiu bastante atención por parte de moitos intelectuais galegos da literatura da época. Tiveron moitos puntos de interese tanto polo seu punto de vista temático de identidade como polas novas posibilidades formais no teatro galego. Cabe destacar tamén a nova estética simbolista que aparece na obra e, obviamente, a identificación de persoas contemporáneas ao autor como fonte inspiración xunto con outras figuras que aparecen na obra. Todo isto representa a realidade que vive a época e que se proxecta na obra cunhas tendencias sociais do seu tempo. Rafael Dieste apoia a mellora social pero tamén recorda que moitísimos galegos procedemos da emigración e do ámbito mariñeiro. Como último apunte, o autor facilita ao espectador ou lector á identificación cos personaxes e súas accións grazas ao perfecto reflexo da realidade no seu teatro.
 
==Notas==