Diferenzas entre revisións de «Thomas Newcomen»

Máis de en.wiki
(Máis de en.wiki)
== Traxectoria ==
[[Thomas Savery]] inventara e patentara en 1698 unha bomba de vapor para a drenaxe das [[minaría|minas]]. Porén, esta bomba presentaba numerosos problemas, xa que traballaba con altas presións, o que con certa frecuencia provocaba accidentes graves. Ante os problemas e dificultades que tiña o sistema, Newcomen, que traballara para Savery, pensou que podía utilizarse a forza do [[vapor]] para mover a distancia unha bomba impelente colocada no interior do pozo de drenaxe da mina. A máquina de Newcomen consistía nun balancín, cun dos extremos unido a unha barra ríxida contrapesada que descendía polo pozo de drenaxa ata a bomba mecánica colocada no seu interior. A [[máquina de Newcomen]] e as melloras introducidas por Smeaton constituíron o primeiro gran paso da [[revolución industrial]].
 
Pouco se coñece da vida posterior de Newcomen. A partir de 1715 os asuntos relacionados co motor eran levados por unha compañía, [[Proprietors of the Invention for Raising Water by Fire]]. O seu secretario e tesoureiro era John Meres, empregado da [[Society of Apothecaries]] de Londres. A sociedade formou unha compañía que tiña o [[monopolio]] do abastecemento de menciñas á armada achegando un vínculo próximo con Savery, do que foi testemuña do testamento. O comité da compañía incluía tamén a Edward Wallin, baptista de ascendencia sueca, e o pastor dunha igrexa de Maze Pond, [[Southwark]].
 
Newcomen faleceu na casa de Wallin en 1729 e foi enterrado en [[Bunhill Fields]], nos arredores da cidade de Londres. O lugar exacto da súa tumba é descoñecido.
 
== Notas ==
32.647

edicións