Queixumes dos pinos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 5115183 de 77.27.8.147 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Sen resumo de edición
Etiquetas: Eliminación de categorías Editor visual: Cambio
Liña 1:
{{Título en cursiva}}
{{Libro
| nome = Queixumes dos pinos
| título orixinal =
| tradutor =
| imaxe = [[Ficheiro:Queixumes dos pinos, Eduardo Pondal, Latorre y Martínez editores, La Coruña, imprenta de La Voz de Galicia, 1886. PDF.pdf|220px]]
| descrición da imaxe =
| autor = [[Eduardo Pondal]]
| ilustrador =
| artista cuberta =
| país =
| lingua =
| colección = [[Biblioteca Gallega]]
| tema =
| xénero = [[poesía]]
| editorial = ''[[La Voz de Galicia]]''
| data publicación = [[1886]]
| formato =
| páxinas = 225
| id =
| precedido por =
| seguido por =
| editor = Latorre y Martínez
}}
'''''Queixumes dos pinos''''' é un libro de poemas escrito por [[Eduardo Pondal]] e publicado por [[Juan Fernández Latorre|Latorre]] y [[Andrés Martínez Salazar|Martínez]], editores, na [[A Coruña|Coruña]], na imprenta de ''[[La Voz de Galicia]]'' en [[1886]].<ref>{{cita web|título=Queixumes dos pinos|url=http://bvg.udc.es/ficha_obra.jsp?id=Qudopi++1&alias=Eduardo+Pondal&solapa=edicion|editorial=[[BVG]]|dataacceso=15 de xuño de 2013}}</ref>
 
== Descrición ==
Pondal recolleu nel a maior parte dos poemas publicados en [[1877]] en ''Rumores de los pinos'', aínda que reelaborándoos, traducindo algúns ao [[Lingua galega|galego]] e facendo desaparecer outros escritos en [[Lingua castelá|castelán]]. O conxunto inicial, que estaba composto por trinta composicións, foise ampliando en posteriores edicións, incluíndo poemas como "[[Os Pinos|Os pinos]]".
 
[[File:Poemario Queixumes dos Pinos.jpg|thumb|Poemario Queixumes dos Pinos]]
A segunda edición publicouse pola [[Real Academia Galega|''Academia Gallega'']], na Coruña, na imprenta de Zincke Hermanos, en 1935, con introdución de [[Manuel Murguía]], e epílogo de [[Manuel Lugrís Freire]].
 
'''''Queixumes dos Pinos''''' é un libro de poemas escrito por [[Eduardo Pondal]] e publicado por [[Juan Fernández Latorre|Latorre]] y [[Andrés Martínez Salazar|Martínez]], editores, en [[A Coruña| A Coruña]], na imprenta de ''[[La Voz de Galicia]]'' en [[1886]].
== Notas ==
Pondal recolleu nel a maior parte dos poemas publicados en 1877 en [[Rumores de los Pinos]], aínda que reelaborándoos, traducindo algúns ao galego e facendo desparecer outros escritos en castelán. O conxunto inicial, que estaba composto por trinta composicións, foise ampliando en posteriores edicións, incluíndo poemas como [[Os Pinos]] <ref> [http://www.himnogallego.com/espanol.htm Himno Gallego]</ref>.
{{Listaref}}
A segunda edición foi publicada pola [[Academia Galega]] <ref>[https://academia.gal], Academia Galega, ''Queixumes dos Pinos'' de [[Eduardo Pondal]]</ref>, en A Coruña na imprenta de [[Zincke Hermanos]], en 1935, con introdución de [[Manuel Murguía]] e epílogo de [[Manuel Lugrís]].
 
== Vida e obra ==
Pondal naceu en [[Ponteceso]] <ref>[https://www.tripadvisor.es/Attraction_Review-g1064057-d7084858-Reviews-Casa_natal_de_Eduardo_Pondal-Ponteceso_Province_of_A_Coruna_Galicia.html], web da casa natal de Pondal en [[Ponteceso]] para realizar unha visita</ref> en febreiro de 1835. É licenciado en Medicina na [[Universidade de Santiago de Compostela]] e máis tarde opositou ao corpo médico de Sanidade Militar.
Comezou a compoñer poemas moi cedo e foi cobrando fama de poeta, participando no [[Banquete de Conxo]], un acto progresista de confraternización entre estudantes e obreiros.
Desenvolveu unha importante actividade cultural centrada de maneira significativa na tertulia da [[Cova Céltica]] de A Coruña, e en relación con escritores e persoas do mundo da cultura galega e foránea.
Pondal morre en A Coruña no 1917 e o seu enterro, como o de [[Curros Enríquez]], convértese nunha mostra de devoción popular.
A obra de Pondal está conformada polas seguintes obras:
 
{| class="wikitable" align=left
! Nome !! Data publicación !! Xénero
|-
| A Campana d´ Anllóns || 1861 || Poesía
|-
| Rumores dos Pinos || 1877 || Poesía
|-
| Queixumes dos Pinos <ref>[http://culturagalega.gal/roteiros/extras/Queixumes%20dos%20pinos.pdf], Poemario completo de Queixumes dos Pinos</ref> || 1886 || Poesía
|-
| O Dolmen de Dombate || 1895 || Poesía
|-
| Os Eoas || 2005 || Poesía
|-
| A fada dos montes || 1872 || Pequena colección de poemas
|-
| Grandeiras || 1884 || Pequena colección de poemas
|}
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
== A Campana d´ Anllóns ==
Publicado en 1858 e despois no [[Álbum de la Caridad]] en 1862, o poema aparecerá máis tarde formando parte de Queixumes dos pinos.
Neste poema figuran algúns dos temas e motivos característicos da poesía posterior de Pondal: o soño, a melancolía, o sentimento do tempo pasado, a interpretación trascendental e idealista da paisaxe, etc. Tamén a música, que aparecerá de maneira constante en toda a obra de Pondal, de diferentes formas: o vento soando nos pinos, os [[bardos]] tocando as arpas, as fadas cantando cousas doutrora, as aves, etc. O son das badaladas da [[campana de Anllóns]] convoca o tempo pasado e enche de melancolía e dor o espírito do protagonista, un mozo de aldea preso no calabozo de [[Orán]].
 
== Queixumes dos Pinos ==
O texto do himno é fruto da correspondencia que mantiveron Eduardo Pondal e [[Pascual Veiga]] en 1890, no que o compositor lle solicitaba ao escritor un texto para unha partitura que ía presentar co motivo dun certame no que se ía escoller o mellor himno galego para o caso que o premio resultara desierto. Despois de varias redacciones, Pondal envíalle un primer texto que titulou [[Breogán]]. Pascual Veiga solicitalle algúns cambios na acentuación para adaptalo rítmicamente á música que compuxo.
 
O texto definitivo publicouse xa como Os Pinos por primeira vez o 22 de maio de 1890 nun folleto do certame musical que convocara o Orfeón nº4 de A Coruña para elixir a mellor [[Marcha Rexional Galega]]. O texto apareceu tamén en [[A Monteira]] de Lugo e no [[Eco de Galiza]] de La Habana. Ó final, aínda que houbo ensaios, o himno non se interpretou (a maioría das versiones da letra do himno derivan do texto que apareceu na número 18 da [[revista Galicia]] de La Habana en 1905; no ano 1935 o texto integrouse na segunda edición, realizada pola Real Academia Gallega, de Queixumes dos pinos, base das versións modernas do texto).
 
Do mesmo xeito que outros símbolos da [[Galiza]], como a bandeira, o estabelecemento do himno galego foi fruto da emigración. No ano 1907, [[José Fontenla Leal]] lle encargou a Manuel Curros Enríquez (un dos maiores expoñentes do [[Rexurdimento]] gallego, que residía en [[La Habana]]) que escribise a letra, e a [[José Castro]] "Chané" a música, pero Curros non foi capaz de compoñer a letra rapidamente e Fontenla decidiu escoller o poema de Pondal coa música de Veiga.
Estrenouse o 20 de decembro de 1907 no [[Centro Galego de La Habana]] -hoxe [[Gran Teatro de La Habana]]- e até 1923 foi entonado por rexionalistas e agraristas nos seus actos, consolidándose paulatinatinamente como símbolo da Galiza. Cando se prohibiu o seu uso durante a ditadura de [[Primo de Rivera]], as sociedades galegas de América intensificaron o seu interese pola súa interpretación pública. Coa [[Segunda República]] acadou o recoñecemento oficial.
Evitouse o seu emprego durante a ditadura franquista e incluso durante a etapa de aperturismo do réxime solo se cantaba, en todo caso, en actos culturales e como unha canción máis dentro do [[folclore galego]]. Porén, desde 1969 comeza a interpretarse de xeito máis explícito, aínda que disimulando os seus aspectos ideolóxicos. En concreto, cantábase só a primeira parte.
 
En 1975, mentres tiñan lugar uns actos folclóricos na festa do [[Apóstolo Santiago]], a xente comezou a erguirse para cantalo. Ao ano seguinte, morto xa o ditador, instaurouse este costume de xeito definitivo na [[Praza de la Quintana]], ratificado tamén polas autoridades asistentes. Os partidos non nacionalistas o asumirían, finalmente, na campaña das primeiras eleccións democráticas (1977).
 
=== Estructura ===
O libro comeza co canto dun bergantiñán, mentres lembra a servidume da patria:
 
 
"Polo baixo cantando
 
o boo bergantiñán,
 
coa aguillada ó lombo
 
e garboso ademán,
 
Por cousas que n’esplica
 
dun fondo e vago afán,
 
mil escuras suidades
 
ceibando ós ecos vai
 
e da patria a punxente servidume
 
parce recordar…."
 
 
E remata tamén co canto do mesmo personaxe sobre o mesmo tema. Así pois, a obra de Pondal ofrece unha estructura pechada, de forma semellante a [[Cantares Gallegos]] de [[Rosalía de Castro]].
Os poemas de Queixumes dos Pinos non levan título, o que lle da ao libro un carácter de texto único, que semella acorde coa condición de canto, presente no poema inicial.
 
=== Temas ===
A obra poética de Pondal caracterízase, entre outros aspectos, pola orixinalidade estética e a innovación temática. Interrelacionados coa estructura dos poemas destacan os temas: o bardismo, a conciencia do pobo, a defensa do idioma, a melancolía e a invocación da paisaxe.
 
== Análise de Queixumes dos Pinos ==
Dentro do seu programa ideolóxico galeguista, Manuel Murguía asigna a súa dona, Rosalía de Castro, o papel de [[“Poeta da Raza”]], recompiladora das cantigas populares, e ó seu amigo, Eduardo Pondal, a misión de “Bardo”, é dicir, de cantor guerreiro.
Pondal concibe estes “Queixumes dos Pinos” como un poema para que a xuventude galega loite pola reivindicación da súa cultura autóctona. Será editado “Queixume dos Pinos” polo seu contertulio da “Cova Céltica”, cronista oficial da Coruña e presidente da Real Academia Galega, [[Andrés Martínez Salazar]] (dono daquela “Cova”, que non era outra que a Librería Regional) na súa colección “Biblioteca Gallega”.
Para Pondal, os “espartanos” que resisten heroicamente a masiva invasión dos “persas” (casteláns) son os humildes labregos, preservadores do auténtico idioma galego, que el mesmo recolle pacientemente nos seus versos, cos seus dialectalismos, pronunciacións fonéticas e formas verbais específicas. Xa o confesa el, antes de morrer: “Déchesme una lingua de ferro, douvos una lingua de ouro”.
 
Deste xeito, o libro iníciase e péchase co “boo bergantiñán”, o paisano da súa bisbarra de Anllóns, que retorna da súa faena agrícola, coa súa parella de bois e, de súpeto, “da Patria pungente servidume / parece recordar”. Semella tornarse consciente do asoballamento a que está sometida a “Nazón ” de Galicia. Simbolicamente é “ó pe do castro verde” , na morada dos antergos (“Os celtas” que, na concepción da xeración de Murguía e de Pondal, eran tanto os construtores de megalitos, da Idade de Bronce, como os castrexos, da [[Idade de Ferro]]), onde escoita fungar, “en escadrón formados, / cal gente de Breogán, /en falange de ferro ben tecida / que s´apresta a luitar”.
Quen é esta “xente de [[Breogán]]”? Para Pondal, a Natureza cobra un valor simbólico: Os “pinos” son as testemuñas da pasada grandeza dos celtas/galegos e os seus “Queixumes” son a chamada de atención para os contemporáneos do Bardo, que son os profetas da futura redención da “Nazón” galega, irmanada coa “nobre Lusitania”.
 
A orixinalidade esencial do vate do Anllóns está na creación dun universo propio , onde montes, árbores, fontes e aldeas convértense nos protagonistas desta epopea céltica (así como o propio Pondal emula [[“Os Lusíadas”]] de Camoens, na súa obra “Os Eoas”).
O bardo é altamente consciente da súa misión exaltadora e profetizadora (Morrer “ en pro dalgunha causa / que honrara os fastos nosos”), debecendo por ser libre, como os paxaros que voan cara ás illas Sisargas ou coma os “feros corvos de Xallas” (A imaxe da Ave Vagante é un topos literario, tanto romántico, como simbolista, que relaciona esta caste de animais co poeta, solitario e incomprendido na súa espiritualidade, inmerso nun mundo mediocre e vulgar).
Pondal en “Queixumes” esparexa outros topos: As anduriñas africanas son farautes dos tempos idos, como en Bécquer ; os mananciais evocan a pureza da infancia e a inspiración do poeta, como a Fonte de Castalia nos autores da Antigüidade ; o cisne como suxerencia fúnebre, crepuscular como en [[Rubén Darío]].
Mención aparte merece o poema “A Campana d´Anllóns”, obra de xuventude que representa o paradigma da esencia romántica , herdeira do orientalismo zorrillista, á que tan devoto era Eduardo na súa mocidade. Moi popular entre os universitarios composteláns, este poema será reelaborado máis tarde polo propio autor, abranguendo oficios, lugares e animais, en fin, todo o microcosmos bergantiñán, escenario e persoaxes da súa particular mitoloxía/cosmogonía.
 
== Véxase tamén ==
{{Galifontes}}
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* ''Biblioteca Digital de Galicia:'' "A campana de Anllóns". Xunta de Galicia
* {{Versaleta|[[Severino Cardeñoso Álvarez|Cardeñoso, Severino]]}} (1978). ''Acercamiento a la poesía gallega del siglo XIX''.
 
=== Outros artigos ===
* [[''"Biblioteca virtual galega"'']]. Pondal, E., "Queixumes dos pinos"
* "[[Os Pinos]]"
 
=== Ligazóns externas ===
* [[Cardeñoso, Severino]] (1978). ''Acercamiento a la poesía gallega del siglo XIX''
* [[Ficheiro:Loudspeaker rtl.svg|15px]] [http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Qudopi++1&id_edicion=Qudopi++1002&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DQudopi%2B%2B1%26alias%3DEduardo%2BPondal%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3EQueixumes+dos+pinos%3C%2Fa%3E&alias=Eduardo+Pondal&formato=audio "Que barba non coidada!"] <sup>[http://bvg.udc.es/fotos_obra/m5eduardopondalqueixumedospinos017.jpg] [http://bvg.udc.es/fotos_obra/m5eduardopondalqueixumedospinos018.jpg]</sup>
 
{{Control de autoridades}}
* ''Enciclopedia Universal Galega.'' Ediciones Ir Indo, 2002
 
* [[Giadas Álvarez, Luis A.]]: ''crítica sobre Queixumes dos Pinos.'' Fundación Eduardo Pondal
 
* [[Manuel Ferreiro Fernández]] (2007). ''«De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego»''. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento.
 
===Ligazóns externas===
* [http://www.himnogallego.com/espanol.htm Himno Gallego]
 
* [http://culturagalega.gal/roteiros/extras/Queixumes%20dos%20pinos.pdf Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal]
 
* [https://es-es.facebook.com/fundacion.eduardopondal/ Facebook Fundación Eduardo Pondal]
 
==Referencias==
[[Categoría:Obras literarias de 1886]]
[[Categoría:Obras de poesía en galego]]
[[Categoría:Eduardo Pondal]]
[[Categoría:Libros no dominio público]]