Roldán: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 6:
A lenda bordou a súa historia co relato do nobre [[Cristianismo|cristián]] morto polas forzas [[Sarraceno|sarracenas]], que forma parte da temática da [[materia de Francia]]. A historia de Roldán nárrase no ''[[O Cantar de Roldán|Cantar de Roldán]]'', poema cunha data exacta de composición aínda non determinada, a pesar de que adoita datarse entre 1086 e 1104. Alí, Roldán está armado cun corno e unha espada chamada [[Durandarte]]. No cantar salienta unha notable defensa do [[cristianismo]] das [[cruzadas]].
En ''[[Orlando (novela)|Orlando]]'', de [[Virginia Woolf]], pode apreciarse a tradición posterior da popularidade da personaxe en verso italiano, sobre todo no século XVI, que leva á épica ''[[Orlando furioso]]'', de [[Ludovico Ariosto]], como continuación de ''[[Orlando innamorato]]'', de [[Matteo Maria Boiardo]]. En
Esta personaxe estivo arrodeada dende hai séculos por unha aura mitolóxica. Por iso, pódense atopar entre [[Roncesvales]] e Mezkiritz os "pasos de Roldán", na costa fronte a Hendaia as "rochas de Roldán", a "[[Brecha de Roldán]]", abertura pétrea no [[Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido]], ou o denominado «Pierrondán», suposta pegada do pé de Roldán en [[Fuencalderas]] ([[Aragón]]).<ref name="Possat 2002">José Arbués Possat. ''Guía de excursiones por el Monte de Fuencalderas'', editado pola asociación de veciños «Liso» en colaboración coa Deputación Provincial de Zaragoza e o concello de Fuencalderas, 2002.</ref> Tamén no Parque Natural de la Sierra y Cañones de Guara, no pre-Pireneo oscense, está o [[salto de Roldán]], dúas penas que segundo a lenda Roldán tivo que saltar para escapar dos seus perseguidores no seu regreso a Francia, morrendo o cabalo na xesta e tendo que continuar a pé, ata chegar a Ordesa.
|