Teatro Popular Galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 6:
O teatro sufriu aínda máis que os outros xéneros narrativos as consecuencias da guerra e a posterior ditadura, ao ser impensábel un espectáculo público teatral en galego e a súa pervivencia é posíbel grazas ao labor do [[Exilio galego de 1936|exilio]]. Na época dos anos 50-70, o teatro é pouco máis que un ensaio literario, máis destinado á lectura que á representación.
 
A maior parte da actividade literaria estaba concentrada en México e Buenos Aires. Nesta última cidade os exiliados entraron en contacto cos que emigraron antes da sublevación militar, como é o caso de [[Eduardo Blanco Amor]]. Comezaron a impulsar revistas, libros e reimpresións para estabelecer a continuidade dunha cultura ameazada. Polo tanto, condicionamentos como a extraterritorialidade, as dificultades editoriais e a carencia de público lector, van caracterizar a literatura galega do exilio mediante o compromiso político galeguista e republicano.
 
A partir das Irmandades da Fala, o teatro dá mostras de certa madurez con autores como [[Ramón Cabanillas]] ou [[Armando Cotarelo Valledor]], e xa sen interrupción, [[Ramón Otero Pedrayo]] e [[Álvaro Cunqueiro]], por exemplo, fixeron aportacións fundamentais á nosa dramaturxia; nesta segunda liña, na que predominan os valores plásticos, haberá que incluír as farsas e autos de Blanco Amor.
Liña 28:
 
== Actividade ==
O ''Teatro Popular Galego'' (1957) foi fundado por Eduardo Blanco Amor, un dos máis prestixiosos autores estabelecido en Buenos Aires, nace como froito da amizade con [[Fernando Iglesias Sánchez|Tacholas]]. Lévao ao taboado no Centro Lucense de Buenos Aires coa posta en escena de ''Estadeíña'' de [[Manuel Lugrís Freire]], e ''O Cantar dos Cantares'', a obra da súa propia autoría que había de seres unha das pezas máis socorridas dos grupos teatrais galegos a mediados dos anos 70.  Esta tiña como función principal manter a conciencia nacional entre os emigrados, misión á que se sacrificara moitos valores estéticos.
 
Organízase no Centro Lucense en réxime de Cooperativa e cun Regulamento de Organización ben detallado no que xunto cos socios fundadores contémplase a existencia de socios protectores e socios de honra. Eduardo Blanco Amor manifestou varias veces que a iniciativa do ''Teatro Popular Galego'' así como o maior pulo e o entusiasmo brindado ó proxecto débeselle a Fernando Iglesias “Tacholas” xunto coa actriz [[Pepita Arias]].