Diferenzas entre revisións de «Cantiga de refrán»

A partir de aí o retrouso ou refrán propagouse aos xéneros de amor e escarnio, onde a porcentaxe xa diminúe notabelmente.
 
==Estrutura da Cantiga de refrán==
As Cantigas de refrán seguen a base estrutural propia da Cantiga galego-portuguesa, coa particularidade da presenza de ''refrán'' na cobra. Trátase dun ou varios versos que se repiten ao final de cada unha das estrofas que conforman a cantiga. Normalmente, presentan unha rima diferente das outras empregadas na cobra. O refrán condensa o tema principal da composición. Podía estar composto por unha frase de carácter conclusivo como dun elemento propio da cantiga. A presenza do refrán indícase con letras maiúsculas. A peza de Afons’Eanes do Coton é un exemplo de a7’b7’a7’b7’C7’C7’ “Quando se foi meu amigo…”.
Este tipo de Cantiga, adoita estar formada por catro estrofas co seguinte esquema métrico: abbacca, abbaccb, ababcca, ababccb, mais os trovadores galego-portugueses empregaban a modalidade de dous versos monorrimos seguidos dun verso de refrán de rima independente: aaB.
A conclusión final é que o 62,5% dos textos están formados seguindo apenas tres regras estróficas, con variantes mínimas. A poesía medieval é o resultado dunha determinada sociedade conservadora, escasamente evolucionada neste período e que rexe os seus patróns de “ben trobar, do ben facer” no máximo respecto aos deseños estabelecidos.
 
Para explicar as motivacións da tendencia de fórmulas únicas, pódese afirmar que a concepción da arte poética como algo oral, obriga necesariamente a utilización de recursos que fixen na memoria dos ouvintes —aquelo que se pretende comunicar—: de aí o refrán e o paralelismo como elementos que marcan o carácter da composición.
 
==Clasificación==
193.726

edicións