Diccionario da literatura galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 53:
A primeira entrega, ''I Autores'', foi recensionada por [[Andrés Pociña]] no número 130 da [[Grial (revista)|revista Grial]], co artigo «Un diccionario literario galego como é debido». Neste faise unha comparación con obras anteriores da mesma liña: ''[[Historia da literatura galega contemporánea]]'' -de Carballo Calero- abranguía un eido excesivo por considerar a autores e autoras en galego e castelán, ademais de considerar que escribiran obras relacionadas con Galiza; e ''[[Diccionario de escritores en lingua galega]]'' -de [[Francisco Fernández del Riego]]- consideraba a escritores e escritoras en galego sobre calquera asunto, non se refería á produción puramente literaria. Fronte a isto, a obra coordinada por Vilavedra «está moi ben concebida, resulta bastante completa, e trata de manter sempre unha congruencia cos presupostos que se toman como base de traballo».<ref name=":0">{{Cita publicación periódica |apelidos=Pociña |nome=Andrés |data=1996 |título=Un diccionario literario galego como é debido |revista=Grial |ISSN=0017-4181 |volume=XXIV |páxinas=272-274 |número=130}}</ref>
 
Emporiso, no artigo o autor destaca varios aspectos mellorábeis, como a ampliación da bibliografía ou como a adición das iniciais do ou da responsábel de cada entrada, mais di que «o conxunto presenta unha liña de traballo clara e convincente, noen que estas pequenas tachas que lle apoño soamente son o resultado dunha lectura feita con moitísimo interese, e co coidado que merece unha obra tan importante, tan meritoria, tan ben realizada, tan útil e proveitosa para o estudo da literatura galega»<ref name=":0" />.
 
== Notas ==