Diccionario da literatura galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 24:
| editor =
}}
O '''''Diccionario da literatura galega''''' -publicado en catro tomos- é un dicionario en [[lingua galega]]. Está coordinado pola doutora en filoloxía galega [[Dolores Vilavedra]], contando con autores e autoras como [[Helena González Fernández]] e [[Ana Belén Fortes]], entre outros. O primeiro tomo data de 1995 e, o cuarto, de 2004; todos os tomos contan cunha sobrecuberta que protexe as pastas duras que conforman o esqueleto do libro. Foron publicados en Vigo pola [[Editorial Galaxia]].
 
== Obxectivos ==
Liña 31:
== Tomos ==
 
* '''I''': O primeiro tomo leva por título [[wikipedia:Diccionario da literatura galega I Autores|'''''Autores''''']] (1995) e trátase dunha listaxe en orde alfabética dos autores e autoras que, até 1994, publicaron canto menos un libro en lingua galega. Neste participaron [[Iris Cochón]], Luciano Fernández, [[Ana Belén Fortes]], [[Helena González Fernández]], [[Henrique Monteagudo]], [[Ramón Nicolás]], [[María do Carmo Ríos Panisse]] e [[Dolores Vilavedra]]. Como criterio de selección de entradas para ''Autores'' fixaron como data límite decembro do ano 1994. Terán sidosTeránse en conta todos os autores e autoras que, como mínimo, teñan publicada unha obra en lingua galega. A extensión da entrada de cada autorentrada vai en función do «valor tanto extrínseco coma intrínseco da obra».<ref name="WORLDCAT"/>
 
* '''II''': O segundo tomo, titulado [[wikipedia:Diccionario da literatura galega II Publicacións periódicas|'''''Publicacións periódicas''''']] (1995), é a primeira parte de dúas referidas a publicacións. EsteEsta está centradocentrada nos textos xornalísticos. Segundo o prólogo, «Con este volume pretendemos simplemente certificar ata que punto o desenvolvemento do discurso literario galego non só dependeu do xornalístico, senón que mesmo existiu (sobre todo en determinadas etapas como o primeiro Rexurdimento ou a posguerra) gracias a el».<ref name="WORLDCAT"/> Colaboran Ana Belén Fortes, Helena González Fernández, [[Susana Mayo]], Henrique Monteagudo, [[Noemí Pazó]], [[Marcos Valcárcel]], Dolores Vilavedra e [[Miro Villar]]. «O criterio fundamental que orientou a selección das publicacións periódicas aquí comentadas foi, obviamente, o de que nelas se inclúen textos literarios en galego, ou comentarios e estudios sobre literatura galega. Intentamos flexibilizar este criterio atendendo en primeiro lugar a criterios diacrónicos e tamén ó carácter de efeméride que posúen algunhas das publicacións incluídas sen incluíren algún texto -literario ou non- en galego».<ref name="WORLDCAT"/>
 
* '''III''': O terceiro tomo que conforma o dicionario, [[wikipedia:Diccionario da literatura galega III Obras|'''''Obras''''']] (2000) é a segunda parte das referidas ás publicacións, esta vez coa listaxe de obras. Ofrece un comentario crítico a duascentas corenta e nove obras da historia literaria galega en orde alfabética. Conta coa colaboración de [[Teresa Bermúdez]], [[Maria Cuquejo]], Ana Belén Fortes, Helena González Fernández, [[Xosé Antonio Neira Cruz]], [[Iolanda Ogando]], Noemí Pazó, [[Teresa Seara]], Marcos Valcárcel, Miro Villar, [[Iris Cochón]], [[Silvia Gaspar]] e [[Xosé Manuel Varela]]. A selección para ''Obras'' fíxose tendo en conta ao lector ou lectora escasamente iniciado, querendo funcionar como unha axuda para este, mais tamén querendo facer accesíbeis novas obras para poder avanzar no estudo da literatura galega. Este repertorio foi consensuado polos colaboradores e colaboradoras para dar testemuño do percorrido da literatura galega.
 
* '''IV''': O cuarto -e último- tomo, '''''[[wikipedia:Diccionario da literatura galega IV Termos e institucións literarias|Termos e institucións literarias]]''''' (2003) ten como obxectivo complementar os tomos anteriores, por requerimento dos lectores e lectoras, e afondar en todos aqueles conceptos de tipo terminolóxico, periodolóxico e sistémico. Colabora Teresa Bermúdez, Ana Belén Fortes, [[María Liñeira]], Helena González Fernández, [[María Xesús Lama]], Iolanda Ogando, Noemí Pazó, [[María do Cebreiro]], Teresa Seara, Dolores Vilavedra e [[Rexina Vega]]. O criterio para o volume foi dar visibilidade a certos conceptos e institucións que, normalmente, non gozan desta, recoñecendo así «a súa importancia como promotores non só de autores e obras senón de xéneros e tendencias creativas, e da súa relevancia como institución nun contexto tradicionalmente tan deficitario nelas coma é o galego».<ref>{{Cita libro|título=Diccionario da literatura galega / 4. Termos e institucións literarias.|url=https://www.worldcat.org/oclc/176874733|editorial=Ed. Galaxia|data=2004|lugar=Vigo|ISBN=8482886568|OCLC=176874733}}</ref>
Liña 51:
 
== Recepción crítica ==
A primeira entrega, ''I Autores'', foi recensionada por [[Andrés Pociña]] no número 130 da [[Grial (revista)|revista Grial]], co artigo «Un diccionario literario galego como é debido». Neste faise unha comparación con obras anteriores da mesma liña: ''[[Historia da literatura galega contemporánea]]'' -de Carballo Calero- abranguía un eido excesivo por considerar a autores e autoras en galego e castelán, ademais de considerar aqueles que escribiran obras relacionadas con Galiza; e ''[[Diccionario de escritores en lingua galega]]'' -de [[Francisco Fernández del Riego]]- consideraba a escritores e escritoras en galego sobre calquera asunto, non se refería á produción puramente literaria. Fronte a isto, a obra coordinada por Vilavedra «está moi ben concebida, resulta bastante completa, e trata de manter sempre unha congruencia cos presupostos que se toman como base de traballo».<ref name=":0">{{Cita publicación periódica |apelidos=Pociña |nome=Andrés |data=1996 |título=Un diccionario literario galego como é debido |revista=Grial |ISSN=0017-4181 |volume=XXIV |páxinas=272-274 |número=130}}</ref>
 
Emporiso, no artigo o autor destaca varios aspectos mellorábeis, como a ampliación da bibliografía ou como a adición das iniciais do ou da responsábel de cada entrada, mais di que «o conxunto presenta unha liña de traballo clara e convincente, no que estas pequenas tachas que lle apoño soamente son o resultado dunha lectura feita con moitísimo interese, e co coidado que merece unha obra tan importante, tan meritoria, tan ben realizada, tan útil e proveitosa para o estudo da literatura galega»<ref name=":0" />.