A fiestra valdeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Desfixéronse as edicións de 193.144.61.240 (conversa); cambiado á última versión feita por Norrin strange
Etiqueta: Reversión
Liña 23:
| seguido por =
}}
'''''A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro''''' é unha peza [[Obra de teatroTeatro|peza teatral]] de ambiente mariñeiro escrita por [[Rafael Dieste]]. FoiÉ publicadaunha na tipografía[[comedia]] de ambiente mariñeiro, e foi publicada en [[El EcoSantiago de SantiagoCompostela]] o 16 de marzo de 1927, aíndana quetipografía saíude á[[El luzEco unsde mesesSantiago]]. antes,Reeditouse oen 21[[Bos de xaneiro de 1927Aires, candoArxentina|Bos DiesteAires]] fixeraen unha1958, lecturae daposteriormente obra[[Edicións parado ingresarCastro]] noreeditouna na [[SeminarioA de Estudos GalegosCoruña|Coruña]]. Eseen mesmovarias ano,ocasións. Está dedicada a obra[[Constantino foiCandeira relidaPérez|Constantino naCandeira]] e a [[FestaAntonio da Prosa GalegaDieste]].
 
=== OutrasNarración edicións ===
Consta de tres actos (tres ''lances''). A acción desenvólvese nunha habitación da casa dunha vila mariñeira, cunha ventá a través da cal se ve o peirao. Don Miguel é un mariñeiro xa xubilado, que fixo cartos na emigración en [[Brasil]]. Encargoulle a un pintor que lle fixese un retrato, no cal aparece a fiestra da habitación. No cadro vese o ambiente mariñeiro da vila, mais a súa muller prefire que no cadro apareza de fondo unha paisaxe máis señorial, como os xardíns dun pazo. Ela quere renegar do pasado mariñeiro do home, para aparentar unha riqueza anterga e facilitar as relacións sociais da súa filla, mais Don Miguel séntese orgulloso das súas orixes.
Reeditouse en [[Bos Aires, Arxentina|Bos Aires]] en 1958 pola [[Editorial Atlántida]] e, posteriormente, [[Edicións do Castro]] reeditouna na [[A Coruña|Coruña]] en diversas ocasións.
 
Elenco:A súa primeira representación tivo lugar en [[Rianxo]] no outono de 1935. Naquela ocasión foi dirixida por [[Castelao]], que tamén interpretaba o personaxe principal, Don Miguel. Os outros actores daquela representación foron [[Balbina Rañó]] (DonaDoña Balbina), [[Lola Romero]] (Adelaida), [[Ricardo Abuín]] (O señor Baldomero), [[Alfonso Arcos]] (Nogueira), [[Bieito Rial]] (Antonio), [[Sócrates Piñeiro]] (Matapitos), [[Bieito Ordóñez]] (Caramañolas), [[Roxelio Bravo]] (O Garreante), [[Andrés Galván]] (Dourado), [[Francisco Ramos]] (vello anónimo) e [[Vicente Torres]] (mozo anónimo).
O gran número de reedicións denota que a obra tivo unha boa acollida entre o público xeral.
 
Todas estas edicións teñen en común a grafía “valdeira”<ref>{{Cita web|título=Dicionario - Real Academia Galega|url=https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/baldeira|páxina-web=academia.gal|data-acceso=2019-04-10}}</ref>, que non é aceptada pola norma, xa que esta prefire o termo "baldeira" por referirse a balde e a baldeirar.
 
=== Dedicatoria ===
A primeira edición foi dedicada a [[Constantino Candeira Pérez|Constantino Candeira]] e a segunda ao seu irmán [[Antonio Dieste]].
 
Con esta obra, Dieste tentou modernizar o sistema literario galego e afastalo do [[ruralismo]].
 
== Representacións ==
A súa primeira representación tivo lugar en [[Rianxo]] no outono de 1935. Naquela ocasión foi dirixida por [[Castelao]], coa axuda de Dieste. O propio [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]] interpretaba á personaxe principal, don Miguel. Os outros actores daquela representación eran persoas de [[Rianxo]] e non actores profesionais.
 
Elenco: [[Balbina Rañó]] (Dona Balbina), [[Lola Romero]] (Adelaida), [[Ricardo Abuín]] (O señor Baldomero), [[Alfonso Arcos]] (Nogueira), [[Bieito Rial]] (Antonio), [[Sócrates Piñeiro]] (Matapitos), [[Bieito Ordóñez]] (Caramañolas), [[Roxelio Bravo]] (O Garreante), [[Andrés Galván]] (Dourado), [[Francisco Ramos]] (vello anónimo) e [[Vicente Torres]] (mozo anónimo).
 
Outra representación  realizouse no ano 1960, despois da reedición da obra. Foi representada tamén no [[Teatro Colón da Coruña]] nos anos 90 polo [[Centro Dramático Galego]].
 
== Lances ==
A obra divídese en tres partes:
 
=== Primeiro lance. ===
Nesta primeira parte faise unha introdución das personaxes principais, sobre todo do protagonista, don Miguel, do que se fai unha descrición física exhaustiva. Tamén se describe o cadro, tema principal da historia, e as vistas que hai desde a fiestra.
 
A obra comeza cunha conversa sobre a súa xuventude e sobre o presente entre don Miguel e Baldomero, vello mariñeiro que foi con el á escola. Preséntase neste lance o conflito principal, orixinado polo retrato que lle encarga don Miguel a Antonio. No cadro, don Miguel aparece diante dunha fiestra da súa casa desde a que se pode ver o peirao e o ambiente mariñeiro da vila. É entón cando o protagonista pide a opinión da súa muller Balbina e da súa filla Adelaida. Estas desprezan o cadro pois tras regresar da emigración no [[Brasil]] volven cun nivel económico e social superior e renegan da súa orixe mariñeira. É por isto que lle piden a don Miguel que cambie o peirao que se ve no cadro por unha paisaxe máis fidalga. Don Miguel non comprende que ten de malo o cadro nin a súa orixe humilde e non está de acordo con modificar a obra.
 
=== Segundo lance. ===
Neste segundo lance desenvólvese o conflito. Don Miguel e dona Balbina discuten porque o pintor non quixo facer as modificacións que lle pediron, xa que consideraba o cambio como unha falsificación da verdade artística.
 
Acontecen entón unha serie de sucesos, como que unha personaxe rexeite entregarlle un traxe que lle fixera a Miguel porque se sinte ofendido polo rexeitamento deste polas súas orixes. Esta é unha das múltiples persoas que amosan o seu descontento coa decisión de don Miguel. Despois, varios mariñeiros, entre eles Antonio, explícanlle a don Miguel que cambiar o cadro é coma cambialo a el mesmo e converterse nunha persoa diferente.
 
Por último, aparecen un grupo de mariñeiros que se identifican co retrato e o reclaman como seu. O Garreante, enfadado, quítalle ao cadro o anaco no que se ve o mar e así queda “valdeira” a fiestra.
 
=== Terceiro lance. ===
Don Miguel, que xa se decatou do seu erro ao facer caso a súa muller e a súa filla, pretende recuperar o anaco do cadro, para iso ofrece unha lancha aos mariñeiros. Nogueira advírtelle que pode parecer que os querer comprar. En determinado momento, entra Adelaida e mira o estado no que se encontra o seu pai. Nese momento cae na conta do erro que cometera e contacta cos mariñeiros. Para rematar, os mariñeiros devólvenlle o anaco do cadro, mais non lle aceptan nada a cambio pois ven que o seu arrepentimento é sincero. Don Miguel tenta darlle uns cartos a Matapitos para que se faga capitán dun navío ben grande, pero este os rexeita.
 
== Personaxes ==
 
* <u>Don Miguel</u>. É o protagonista principal da obra. Vello de boa planta, mariñeiro na súa mocidade e que fixo fortuna no Brasil. Agora está retirado na súa vila natal (Rianxo) e, pese a súa idade, aínda se considera mariñeiro. É o que lle encarga o cadro ao pintor.
* <u>Dona Balbina</u>. Muller de Don Miguel, avergóñase e renega da súa orixe humilde e da vida mariñeira do seu marido á vez que manifesta o seu desexo de pertencer á fidalguía.
* <u>Adelaida</u>. Filla de Miguel e Balbina, moza que despreza aos amigos do seu pai e a súa profesión, Presume de ter unha educación refinada.
* <u>Nogueira</u>. Home de letras que aínda está estudando.
* <u>Señor Baldomero</u>. Mariñeiro e amigo de Miguel desde que eran nenos.
* <u>Matapitos</u>. É un neno que fai de recadeiro de Miguel.
* <u>Antonio</u>. Pintor do cadro. Don Miguel pensa que é bo pintor, mais a súa filla pensa todo o contrario.
* <u>Dourado</u>. Mariñeiro pobre e nobre.
* <u>Caramañolas</u>. Mariñeiro.
* <u>O Garreante</u>. Mariñeiro con especial sentido da xustiza.
* <u>Vello e mozo</u>. Ambos os dous pasan moi inadvertidos pola obra, mais os dous son mariñeiros tamén.
 
=== Outros elementos importantes: ===
 
* <u>O cadro</u>. É o obxecto principal da obra, xa que arredor del se desenrola a maior parte da acción. É o que trae os problemas e as discusións entre as personaxes da obra. Hai un elemento moi importante a destacar no cadro: A paisaxe que se ve desde a fiestra de don Miguel (barcos e xente traballando, típico de zonas mariñeiras). Isto é o que trae as discusións. No cadro aparenta que pola fiestra son pobres, e a súa filla e a súa muller non lles gusta. A partir de isto podemos ver dous conflitos: A filla e a muller queren cambiar o cadro e os mariñeiros do pobo non. Os mariñeiros adiántanse e collen o cadro un día que van a casa de don Miguel. O cadro estivo gardado nunha casa, pero logo dun tempo os mariñeiros devólvenllo a don Miguel. Ao final, a súa muller e a súa filla o aceptan. Pero o cadro non tiña a parte da fiestra, a cal foi arrancada, e Antonio vólvese a ofrecer para volver a pintalo. O final todos acaban ceando xuntos. Por último, na obra, a arte adquire un papel protagonista a través do obxecto mesmo do conflito: o retrato coa fiestra desde a que se ve o mar no que o pintor Antonio capta a esencia de don Miguel, e non só del, senón tamén de Baldomero e, por extensión, de todos os mariñeiros da obra.
* <u>O mar</u>. Tanto o mar como a vida mariñeira son dúas pezas fundamentais nesta obra. A presencia do mar apréciase sobre todo no léxico mariñeiro que podemos apreciar ao longo de toda a obra, tamén nas personaxes, na fiestra, nas historias secundarias etcétera. É, ademais, un punto clave no que ao conflito principal se refire.
 
{{Control de autoridades}}