A fiestra valdeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 47:
A obra divídese en tres partes:
 
==== Primeiro lance. ====
Nesta primeira parte faise unha introdución das personaxes principais, sobre todo do protagonista, don Miguel, do que se fai unha descrición física exhaustiva. Tamén se describe o cadro, tema principal da historia, e as vistas que hai desde a fiestra.
 
A obra comeza cunha conversa sobre a súa xuventude e sobre o presente entre don Miguel e Baldomero, vello mariñeiro que foi con el á escola. Preséntase neste lance o conflito principal, orixinado polo retrato que lle encarga don Miguel a Antonio. No cadro, don Miguel aparece diante dunha fiestra da súa casa desde a que se pode ver o peirao e o ambiente mariñeiro da vila. É entón cando o protagonista pide a opinión da súa muller Balbina e da súa filla Adelaida. Estas desprezan o cadro pois tras regresar da emigración no [[Brasil]] volven cun nivel económico e social superior e renegan da súa orixe mariñeira. É por isto que lle piden a don Miguel que cambie o peirao que se ve no cadro por unha paisaxe máis fidalga. Don Miguel non comprende que ten de malo o cadro nin a súa orixe humilde e non está de acordo con modificar a obra.
 
===== Segundo lance. =====
Neste segundo lance desenvólvese o conflito. Don Miguel e dona Balbina discuten porque o pintor non quixo facer as modificacións que lle pediron, xa que consideraba o cambio como unha falsificación da verdade artística.
 
Acontecen entón unha serie de sucesos, como que unha personaxe rexeite entregarlle un traxe que lle fixera a Miguel porque se sinte ofendido polo rexeitamento deste polas súas orixes. Esta é unha das múltiples persoas que amosan o seu descontento coa decisión de don Miguel. Despois, varios mariñeiros, entre eles Antonio, explícanlle a don Miguel que cambiar o cadro é coma cambialo a el mesmo e converterse nunha persoa diferente.
 
Por último, aparecen un grupo de mariñeiros que se identifican co retrato e o reclaman como seu. O Garreante, enfadado, quítalle ao cadro o anaco no que se ve o mar e así queda “valdeira” a fiestra.{{Control de autoridades}}
 
=== Terceiro lance. ===
Don Miguel, que xa se decatou do seu erro ao facer caso a súa muller e a súa filla, pretende recuperar o anaco do cadro, para iso ofrece unha lancha aos mariñeiros. Nogueira advírtelle que pode parecer que os querer comprar. En determinado momento, entra Adelaida e mira o estado no que se encontra o seu pai. Nese momento cae na conta do erro que cometera e contacta cos mariñeiros. Para rematar, os mariñeiros devólvenlle o anaco do cadro, mais non lle aceptan nada a cambio pois ven que o seu arrepentimento é sincero. Don Miguel tenta darlle uns cartos a Matapitos para que se faga capitán dun navío ben grande, pero este os rexeita.
 
== Personaxes ==
 
* <u>Don Miguel</u>. É o protagonista principal da obra. Vello de boa planta, mariñeiro na súa mocidade e que fixo fortuna no Brasil. Agora está retirado na súa vila natal (Rianxo) e, pese a súa idade, aínda se considera mariñeiro. É o que lle encarga o cadro ao pintor.
* <u>Dona Balbina</u>. Muller de Don Miguel, avergóñase e renega da súa orixe humilde e da vida mariñeira do seu marido á vez que manifesta o seu desexo de pertencer á fidalguía.
* <u>Adelaida</u>. Filla de Miguel e Balbina, moza que despreza aos amigos do seu pai e a súa profesión, Presume de ter unha educación refinada.
* <u>Nogueira</u>. Home de letras que aínda está estudando.
* <u>Señor Baldomero</u>. Mariñeiro e amigo de Miguel desde que eran nenos.
* <u>Matapitos</u>. É un neno que fai de recadeiro de Miguel.
* <u>Antonio</u>. Pintor do cadro. Don Miguel pensa que é bo pintor, mais a súa filla pensa todo o contrario.
* <u>Dourado</u>. Mariñeiro pobre e nobre.
* <u>Caramañolas</u>. Mariñeiro.
* <u>O Garreante</u>. Mariñeiro con especial sentido da xustiza.
* <u>Vello e mozo</u>. Ambos os dous pasan moi inadvertidos pola obra, mais os dous son mariñeiros tamén.
 
=== Outros elementos importantes: ===
 
* <u>O cadro</u>. É o obxecto principal da obra, xa que arredor del se desenrola a maior parte da acción. É o que trae os problemas e as discusións entre as personaxes da obra. Hai un elemento moi importante a destacar no cadro: A paisaxe que se ve desde a fiestra de don Miguel (barcos e xente traballando, típico de zonas mariñeiras). Isto é o que trae as discusións. No cadro aparenta que pola fiestra son pobres, e a súa filla e a súa muller non lles gusta. A partir de isto podemos ver dous conflitos: A filla e a muller queren cambiar o cadro e os mariñeiros do pobo non. Os mariñeiros adiántanse e collen o cadro un día que van a casa de don Miguel. O cadro estivo gardado nunha casa, pero logo dun tempo os mariñeiros devólvenllo a don Miguel. Ao final, a súa muller e a súa filla o aceptan. Pero o cadro non tiña a parte da fiestra, a cal foi arrancada, e Antonio vólvese a ofrecer para volver a pintalo. O final todos acaban ceando xuntos. Por último, na obra, a arte adquire un papel protagonista a través do obxecto mesmo do conflito: o retrato coa fiestra desde a que se ve o mar no que o pintor Antonio capta a esencia de don Miguel, e non só del, senón tamén de Baldomero e, por extensión, de todos os mariñeiros da obra.
* <u>O mar</u>. Tanto o mar como a vida mariñeira son dúas pezas fundamentais nesta obra. A presencia do mar apréciase sobre todo no léxico mariñeiro que podemos apreciar ao longo de toda a obra, tamén nas personaxes, na fiestra, nas historias secundarias etcétera. É, ademais, un punto clave no que ao conflito principal se refire.
 
{{Control de autoridades}}
 
{{Literatura en progreso}}