A fiestra valdeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 48:
Nesta primeira parte de ''A fiestra valdeira''<ref>{{Cita web|título=Dicionario - Real Academia Galega|url=https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/baldeira|páxina-web=academia.gal|data-acceso=2019-04-10}}</ref> faise unha introdución das personaxes principais, sobre todo do protagonista, don Miguel, do que se fai unha descrición física exhaustiva. Tamén se describe o cadro, tema principal da historia, e as vistas que hai desde a fiestra.
 
A obra comeza cunha conversa sobre a súa xuventude e sobre o presente entre don Miguel e Baldomero, vello mariñeiro que foi con el á escola. Preséntase neste lance o conflito principal, orixinado polo retrato que lle encarga Dondon Miguel a Antonio. No cadro, don Miguel aparece diante dunha fiestra da súa casa desde a que se pode ver o peirao e o ambiente mariñeiro da vila. É entón cando o protagonista pide a opinión da súa muller Balbina e da súa filla Adelaida. Estas desprezan o cadro pois tras regresar da emigración no [[Brasil]] volven cun nivel económico e social superior e renegan da súa orixe mariñeira. É por isto que lle piden a don Miguel que cambie o peirao que se ve no cadro por unha paisaxe máis fidalga. Don Miguel non comprende que ten de malo o cadro nin a súa orixe humilde e non está de acordo con modificar a obra.{{Control de autoridades}}
 
===== Segundo lance. =====
Neste segundo lance desenvólvese o conflito. Don Miguel e dona Balbina discuten porque o pintor non quixo facer as modificacións que lle pediron, xa que consideraba o cambio como unha falsificación da verdade artística.
 
Acontecen entón unha serie de sucesos, como que unha personaxe rexeite entregarlle un traxe que lle fixera a Miguel porque se sinte ofendido polo rexeitamento deste polas súas orixes. Esta é unha das múltiples persoas que amosan o seu descontento coa decisión de don Miguel. Despois, varios mariñeiros, entre eles Antonio, explícanlle a don Miguel que cambiar o cadro é coma cambialo a el mesmo e converterse nunha persoa diferente.
 
Por último, aparecen un grupo de mariñeiros que se identifican co retrato e o reclaman como seu. O Garreante, enfadado, quítalle ao cadro o anaco no que se ve o mar e así queda “valdeira” a fiestra.{{Control de autoridades}}
 
{{Literatura en progreso}}