A fiestra valdeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Se me acaba la bateria
Liña 25:
'''''A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro''''' é unha [[Obra de teatro|peza teatral]] de ambiente mariñeiro escrita por [[Rafael Dieste]]. Foi publicada na tipografía de [[El Eco de Santiago]] o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no [[Seminario de Estudos Galegos]]. Ese mesmo ano, a obra foi relida na [[Festa da Prosa Galega]].
 
=== Outras edicións: ===
Reeditouse en [[Bos Aires, Arxentina|Bos Aires]] en 1958 pola [[Editorial Atlántida]] e, posteriormente, [[Edicións do Castro]] reeditouna na [[A Coruña|Coruña]] en diversas ocasións.
 
O gran número de reedicións denota que a obra tivo unha boa acollida entre o público xeral.
 
=== Dedicatoria: ===
A primeira edición foi dedicada a [[Constantino Candeira Pérez|Constantino Candeira]] e a segunda ao seu irmán [[Antonio Dieste]].
 
Con esta obra, Dieste tentou modernizar o sistema literario galego e afastalo do [[ruralismo]].
 
== Representacións: ==
A súa primeira representación tivo lugar en [[Rianxo]] no outono de 1935. Naquela ocasión foi dirixida por [[Castelao]], coa axuda de Dieste. O propio [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]] interpretaba á personaxe principal, don Miguel. Os outros actores daquela representación eran persoas de [[Rianxo]] e non actores profesionais.
 
Liña 42:
Outra representación  realizouse no ano 1960, despois da reedición da obra. Foi representada tamén no [[Teatro Colón da Coruña]] nos anos 90 polo [[Centro Dramático Galego]].
 
== Lances: ==
A obra divídese en tres partes: