Diccionario da literatura galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 26:
O '''''Diccionario da literatura galega''''' -publicado en catro tomos- é un dicionario en [[lingua galega]]. Está coordinado pola doutora en filoloxía galega [[Dolores Vilavedra]], contando con autores como [[Helena González Fernández]] e [[Ana Belén Fortes]], entre outros. O primeiro tomo data de 1995 e, o cuarto, de 2004; todos os tomos contan cunha sobrecuberta que protexe as pastas duras que conforman o esqueleto do libro. Foron publicados en Vigo pola [[Editorial Galaxia]].
 
== Obxectivos ==
Este proxecto «pretende ofrecerlles ós lectores non só un compendio crítico e informativo da produción literaria galega e os seus autores, senón tamén unha análise dos diversos elementos que configuran o fenómeno literario realizada dende a nosa literatura»<ref name="WORLDCAT">{{Cita libro|título=Diccionario da literatura galega|url=https://www.worldcat.org/oclc/34669594|editorial=Editorial Galaxia|data=1995-1997 |lugar=Vigo|OCLC=34669594}} ISBNs: 8482880195, 848288137X e 8482883658.</ref>. Alén disto, a obra renova a tradición de dicionarios de literatura galega. O ''[[Diccionario de escritores en lingua galega]]'' (1992), de [[Francisco Fernández del Riego]], vai ser unha parte fundamental da bibliografía, xunto con títulos como ''[[Historia da literatura galega contemporánea]]'', de [[Ricardo Carballo Calero]].
 
== Tomos ==