Flamenco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Toque: A capela (música)
Liña 135:
Os tocaores usan a técnica do [[alzapúa]], e o [[Picado (música)|picado]],<ref>O picado consiste en pulsar unha corda cos dedos índice e medio alternativamente, apoiando os dedos na corda inmediatamente superior.</ref> o [[rasgueo]] e o [[trémolo]],<ref>O [[trémolo]] que é a acción de pulsar co maimiño, o anular, o medio e o índice unha mesma corda de forma consecutiva e rápida. É unha técnica que no flamenco execútase usando catro dedos, mentres que na guitarra clásica úsanse soamente tres (anular, corazón e índice).</ref> entre outras. O rasgueo pode ser realizado con 5, 4 ou 3 dedos, este último inventado por [[Sabicas]]. O emprego do polgar é tamén característico no toque flamenco. Os guitarristas apoian o polgar na tapa harmónica da guitarra e os dedos índice e medio sobre a corda superior á que están tocando, logrando así unha maior potencia e sonoridade que o guitarrista clásico. Tamén se apoia o dedo medio no golpeador da guitarra para conseguir máis precisión e forza á hora de pulsar a corda. Así mesmo o uso do golpeador como elemento de percusión dota de gran forza á interpretación guitarrística flamenca. Denomínase "falseta" á frase melódica ou floreo que se intercala entre as sucesións de acordes destinadas a acompañar a copla.<ref>Véxase a [[drae:falseta|definición de ''falseta'' no DRAE]].</ref> Así mesmo fálase de tocar ou acompañar por arriba (usando a [[dixitación (técnica)|dixitación]] do [[acorde]] [[mi maior]]) e por medio ([[la maior]]), con independencia de que se transformara ou non co [[capo]].
 
O acompañamento e o toque solista dos guitarristas flamencos baséase tanto no sistema harmónico modal como no tonal, aínda que o máis frecuente é unha combinación de ambos. Algúns cantes flamencos interprétanse "a pan seco" ([[A capela (música)|a cappella]]), sen acompañamento de guitarra.
 
Segundo o tipo de interpretación fálase de:
Liña 146:
* '''Toque curto''': pobre en recursos técnicos e expresivos.
* '''Toque frío''': carente de fondura e pellizco.
 
== Baile ==
[[Ficheiro:Ángeles Gabaldón-12.jpg|miniatura|A bailaora Ángeles Gabaldón.]]