Alfredo Oscar Saint-Jean: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Xanetas (conversa | contribucións)
Arranxiño
 
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Alfredo Oscar Saint-Jean''', nado en [[Chascomús]] o [[8 de novembro]] de ([[1926]]- e finado no mesmo lugar o [[1 de setembro]] de [[1987]]), foi un [[militar]] [[arxentino]] que ocupou brevemente a [[Presidente da Nación Arxentina|presidencia da Nación]] durante a [[Proceso de Reorganización Nacional|última ditadura militar]] tras a renuncia de [[Leopoldo Galtieri]]. Saint-Jean estivera á fronte da secretaría xeral do [[Exército Arxentino|exército]] e da carteira de Interior durante o goberno de Galtieri, desde a cal fora responsable da represión policial da manifestación "Paz, pan e traballo".
 
Tras a caída de Galtieri o [[17 de xuño]] de [[1982]], debida á derrota arxentina na [[Guerra de Malvinas]], Saint-Jean padeceu o desprestixio asociado á pobre actuación das forzas terrestres no conflito armado. O disenso interno entre o representante do exército na [[Xunta Militar]], o entón xeral [[Cristino Nicolaides]], e os xefes da armada, [[Jorge Isaac Anaya]] e da aviación, [[Basilio Lami Dozo]], permitiulle ocupar interinamente o cargo de Presidente ata o nomeamento o [[22 de xuño]] de [[Reynaldo Bignone]], quen asumiu inmediatamente o cargo, anunciando o inicio do proceso de entrega do poder ás autoridades civís.