Demanda do Santo Graal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''Demanda do Santo Graal''' (en [[lingua francesa|francés]] ''La Queste del Saint Graal'') é o nome dalgunhas obras [[Literatura medieval|literarias medievais]] sobre as lendas do [[rei Artur]] e os [[cabaleiros da Táboa Redonda]] escritos orixinalmente en [[francés antigo]] no século XIII. Os libros da ''Demanda'' son seccións de obras maiores, compostas de varios libros, chamados actualmente ''[[Lanzarote-Graal|Ciclo do Lanzarote-Graal]]'' (escrito entre 1210 e 1230) e o ''[[Ciclo da Pos-Vulgata]]'' (escrito entre 1230-1240).
 
A Demanda do Santo Graal é un manuscrito medieval escrito en [[galego-portugués]] que se insire nun dos ciclos máis importantes da literatura medieval europea: o chamado [[Ciclo Bretón]] ou [[Materia de Bretaña]]. Esta obra constitúe un dos maiores expoñentes da prosa medieval galego-portuguesa. Nela nárranse as aventuras de [[Galaaz]] e dos [[Cabaleiros da Táboa Redonda]] na procura do [[Santo Graal]], o lendario cáliz empregado na Última cea e que despois usou Xosé de Arimatea para recoller o sangue de [[Cristo]]. Na actualidade, consérvase un manuscrito datado do século XV da Demanda do Santo Graal na '''Biblioteca Nacional de [[Viena]]''', catalogado co número 2594.
Existe unha '''''Demanda do Santo Graal''''' en [[galego-portugués]] da que existe un manuscrito do [[século XV]] (conservado na Biblioteca Nacional Austríaca de [[Viena]]). A versión existente parece ter a súa fonte na triloxía de [[Robert de Boron]].
 
== Orixe ==
 
A Demanda do Santo Graal está incluída dentro da temática da [[Materia de Bretaña]]. Mais dentro deste ciclo da literatura medieval que fala do [[Rei Artur]] e dos seus cabaleiros existen varios períodos. Na actualidade, as orixes históricas da Demanda do Santo Graal galego-portuguesa e as fontes das que bebe a obra son aínda polémicas. Aínda que o manuscrito que se conserva na Biblioteca Nacional de Viena data do século XV, os indicios históricos e lingüísticos apuntan a que se trata dunha tradución realizada no século XIII no Reino de Portugal a partir de textos anteriores. Moitos expertos, como a investigadora británica '''Fanni Bogdanow''', sinalan a relación de boa parte do texto coa ''“Estoire del Saint Graal”'' da chamada [[Vulgata]], mentres que outros apuntan a que a Demanda do Santo Graal sería de composición máis tardía e bebería do [[Ciclo da Pos-Vulgata]]. Así, esta obra pertencería ao ciclo da Post-Vulgata e sería unha recompilación en [[galego-portugués]] dos textos literarios medievais artúricos anteriores, escritos orixinalmente en francés antigo. Porén, a denominación de Post-Vulgata foi discutida por algúns investigadores, como o profesor da Universidade do Porto '''José Carlos Ribeiro Miranda'''. En definitiva, a data de composición da obra e a súa clasificación cronolóxica dentro do ciclo artúrico aínda seguen a ser moi controvertidas.
 
== Fontes ==
Malia ás discrepancias entre os estudosos sobre a orixe e composición da Demanda do Santo Graal, todos coinciden en que esta obra sería unha recompilación de textos artúricos anteriores, escritos orixinalmente en francés medieval, que serían traducidos ao [[galego-portugués]]. Así, a Demanda bebería de fontes europeas anteriores. Na obra podemos apreciar a influencia, entre outras, das seguintes obras artúricas:
* '''''Estoire del Saint Graal''''': Esta obra da [[Vulgata]] tería sido unha importante fonte de inspiración para a Demanda do Santo Graal. Nela fálase de Xosé de Arimatea ([[San Xosé]]), quen recolle o sangue de [[Cristo]] no [[Santo Graal]] e leva o Cáliz Sagrado desde [[Terra Santa]] até [[Inglaterra]].
* '''''[[Perceval ou le Conte du Graal]]''''': Esta sería a principal inspiración da obra. Trátase dunha novela do escritor francés [[Chrétien de Troyes]], publicada en 1176. Nela tamén se desenvolve o tema da busca do [[Santo Graal]]. Aínda así, existe unha diferenza importante. Mentres que na novela francesa será Percival quen consiga o Graal, na Demanda galego-portuguesa será [[Galaaz]] o cabaleiro que se fará co Vaso Sagrado.
* '''''La folie de Lancelot''''': Este ciclo pertencente á Suite du Merlin tamén está presente na Demanda do Santo Graal. Nel relátense os amores do cabaleiro [[Lanzarote do Lago]] coa raíña [[Xenebra]], esposa do [[Rei Artur]]. Lanzarote será desterrado por [[Rei Artur]] e [[Xenebra]] condenada a fogueira. Finalmente Lanzarote decidirá convertirse en ermitán e [[Xenebra]] pasará o resto dos seus días nun convento.
* '''''Mort Artu''''': Aínda que este non é o motivo central da obra, a Mort Artu tamén está presente no final do libro. Podemos apreciar a presenza deste motivo nos capítulos finais da Demanda do [[Santo Graal]]. Neles, o sobriño do [[Rei Artur]], [[Mordred]], aproveita a ausencia do seu tío para usurpar o trono do '''Reino de [[Logres]]'''. [[Mordred]] dará morte ao [[Rei Artur]] na [[Batalla de Camlann]]. Isto porá fin ao Reino de Logres a ás aventuras dos [[Cabaleiros da Táboa Redonda]].
 
== Argumento ==
 
A Demanda do Santo Graal é unha obra que se centra na figura de [[Galaaz]], o cabaleiro perfecto nacido do adulterio de [[Lanzarote do Lago]] con [[Elaine de Corbenic]], a filla do rei Peles. Ao chegar á idade adulta, [[Galaaz]] reúnese co seu pai Lanzarote, que o arma cabaleiro. Despois, durante a [[Pascua]] de [[Pentecoste]], [[Galaaz]] diríxese a Corte do [[Rei Artur]] en [[Camelot]], onde estaban reunidos todos os [[Cabaleiros da Táboa Redonda]], e ocupa a Seeda Perigosa ([[Asento Perigoso]]), reservado para o único cabaleiro do mundo que tería éxito na demanda do Graal. Tras superar todas as probas, [[Rei Artur]] recoñece a [[Galaaz]] como o mellor cabaleiro do mundo e da por comezada a Demanda do Santo Graal. Todos os [[Cabaleiros da Táboa Redonda]] parten de [[Camelot]] e buscarán por todos os lugares do Reino de [[Logres]] o Vaso Sagrado. O manuscrito relata unha gran variedade de aventuras (A Besta Ladrador ([[Glatisant a Besta]]), O Cervo Branco e os Catro Leóns...) que lles suceden a moitos dos [[Cabaleiros da Táboa Redonda]], mais soamente [[Galaaz]], [[Bors]] e [[Perceval]] terán éxito na busca. Finalmente, despois de moitas aventuras, [[Galaaz]] será o único que dará co Cáliz. O manuscrito non remata coa consecución do [[Santo Graal]], senón que nel podemos apreciar tamén outros tópicos presentes na [[Materia de Bretaña]], como son o adulterio da Raíña [[Xenebra]] con [[Lanzarote do Lago]], a Traizón de [[Mordred]] e, finalmente, a morte do [[Rei Artur]], o que suporá a fin do Reino de [[Logres]]. O corpo de Artur é depositado nunha barca pola súa irmá,a fada [[Morgana]], que o levará a lendaria illa de [[Avalon]]. Alí descansará até que chegue o día en que regrese e volva reinar polos séculos dos séculos.
 
== Estrutura==
 
O manuscrito está dividido en 706 capítulos encabezados por unha lenda en que se resume brevemente o contido do mesmo. A obra pódese dividir en varias partes ben diferenciadas:
A historia comeza na véspera do [[Pentecoste]], na corte do [[Rei Artur]], coa chegada de [[Galaaz]], quen é armado cabaleiro da [[Táboa Redonda]].
Na segunda parte, os cabaleiros sepáranse e parten na demanda do [[Santo Graal]], dando comezo a diferentes aventuras. Primeiro relátanse as aventuras de [[Galaaz]] e [[Bors]] (cando [[Galaaz]] arma a Melias cabaleiro, cando [[Galaaz]] e [[Bors]] chegan ao castelo do rei Brutus ou o combate de [[Bors]] e seu irmán [[Lionel]]). A seguir, descríbense as aventuras de Galván, sobriño do [[Rei Artur]] e cabaleiro da [[Táboa Redonda]], cando chega a un castelo onde está sepultado [[Lamorak]], cabaleiro que debía a súa morte a [[Gauvain]]. En terceiro lugar, [[Bors]], [[Galaaz]], [[Perceval]] e a irmá deste último, encontran o Cervo Branco e os Catro Leóns que representaban a [[Cristo]] e aos catro [[Evanxelistas]]. Ao día seguinte, pasan por un castelo onde tiñan por costume que as doncelas doaran unha escudela chea de sangue, feito ao que os cabaleiros se negan, mais ao final, a irmá de [[Perceval]] accede e morre.
Na terceira parte, [[Galaaz]], [[Bors]] e [[Perceval]] chegan a [[Corbenic]], onde xa agardaban nove [[Cabaleiros da Táboa Redonda]]. [[Galaaz]] é o primeiro en entrar na cámara do Graal, onde máis tarde entraron os demais cabaleiros e un home vestido de branco dá a hostia a cada un dos alí presentes. [[Galaaz]], [[Bors]] e [[Perceval]] embarcan na barca de [[Salomón]] e diríxense a [[Sarras]] coa fin de depositar o Graal no Pazo Espiritual, mais o rei de [[Sarras]], Escorante, encérraos nunha torre onde son alimentados polo Santo Vaso. [[Galaaz]] convértese en rei tras a morte de Escorante. Reina durante un ano, morre e unha man leva o Graal ao ceo. Tempo despois morre [[Perceval]], quen se fixera ermitán e [[Bors]] regresa ao reino de [[Logres]].
Na cuarta parte, descóbrese a traizón de Lanzarote e [[Xenebra]], polo que a raíña é condenada a morte e o cabaleiro é desterrado. Isto desemboca nunha guerra entre Lanzarote e o [[Rei Artur]]. Por último, ten lugar a traizón de [[Mordred]], que pretendía apoderarse das terras do seu tío, o que provoca un combate no que ambos acaban mortos e [[Morgana]] leva o corpo do rei nunha barca cara [[Avalon]]. A raíña [[Xenebra]] morre refuxiada nun mosteiro e tempo despois morre Lanzarote, quen se convertera en ermitán.
 
== Condicións sociais ==
A produción dos textos que forman parte da [[Materia de Bretaña]] ven determinada por unha serie de factores sociais. Para comprender isto, débese ter en conta que o contexto histórico en que aparecen os textos artúricos está caracterizado pola concentración de poder na figura do rei e o ascenso social da burguesía, vinculado este último co renacemento das cidades. Estes dous factores sociais supoñían unha seria ameaza para a nobreza, a clase por excelencia da sociedade feudal, que ve perigar os seus privilexios na figura do monarca absoluto e na eventual alianza da burguesía coa monarquía. Para combater isto, redáctanse unha serie de textos que promoven unha imaxe de harmonía entre o rei e a nobreza. Nestas obras deféndense os vellos valores da xenerosidade do rei, a largueza fundamental para a harmonía do reino e a unidade do estamento nobiliario. Con isto recordábaselle ao rei que el non era máis ca un nobre máis, o primeiro dos señores feudais, e que o apoio destes era fundamental para o monarca. A [[Táboa Redonda]], en que todos os cabaleiros eran iguais, é un símbolo que representa perfectamente a unidade estamental propugnada polos textos artúricos.
 
== Cristianización do repertorio ==
A [[Demanda do Santo Graal]] representa a cristianización dos mitos artúricos e o paso da cabalaría terreal á cabalaría celestial. Aínda que os mitos artúricos están baseados en lendas pagás de substrato céltico, foron progresivamente cristianizados. Esta cristianización, levada a cabo principalmente polos monxes do [[Císter]], pódese percibir nos lugares, datas, símbolos e obxectivos do libro. Nun principio o propio Graal (do francés antigo “graal”, que significa prato ou bandexa) non tiña ningunha connotación relixiosa, até que máis tarde foise identificado co cáliz da [[Última Cea]]. Canto ás datas, cómpre destacar que a Demanda do Santo Graal comeza na festa de [[Pascua]] de [[Pentecoste]]. Esta localización temporal non é casual senón que ten unha importante simboloxía detrás. Outro aspecto en que se pode apreciar claramente a cristianización da [[Materia de Bretaña]] é na caracterización dos personaxes. Así, mentres que nas primeiras obras artúricas aparecen personaxes como Lanzarote, exemplo de cabaleiro terreal que sucumbe ás tentacións da carne e comete adulterio coa raíña Xenebra, pouco a pouco irán gañando protagonismo figuras como [[Perceval]] ou [[Galaaz]], que representan o perfecto cabaleiro espiritual. No tocante aos lugares tamén é evidente a cristianización dos espazos. Mentres que nas obras máis primitivas do ciclo artúrico a acción transcorría en bosques e castelos, pouco a pouco van aparecendo en escena espazos relixiosos como mosteiros ou capelas. A [[Táboa Redonda]] tamén é outro símbolo cristianizado. Así, podemos identificar a figura do [[Rei Artur]] coa de [[Cristo]] e a dos [[Cabaleiros da Táboa Redonda]] cos discípulos do Señor. O [[rei Arturo]] sería a representación de [[Cristo]], bondadoso e xeneroso, o monarca ideal tanto nos tempos de paz como nos de guerra. Pola súa banda, a figura de [[Mordred]], o traidor, tamén se pode relacionar co personaxe bíblico de [[Xudas Iscariote]]. A morte do [[Rei Artur]] tamén garda relación coa de [[Xesús]], xa que ambos son traizoados por un dos seus. [[Artur]], igual que [[Cristo]], tamén ha de regresar algún día das terras de [[Avalon]] e reinará para sempre. Nisto percíbese un claro paralelismo coa Parusía ou Segunda chegada de Cristo, é dicir, a [[Apocalipse]] ou [[Xuízo Final]] en que [[Deus]] ha de xulgar a vivos e mortos.
 
== Continuidade na literatura galega==
 
A [[Materia de Bretaña]] tivo continuidade na literatura galega, sendo un dos temas máis recorridos no seu repertorio. A Demanda do Santo Graal é a proba de que na [[Idade Media]] existía unha literatura de inspiración artúrica escrita en [[galego-portugués]]. Esta tradición non desapareceu despois do [[Medievo]] senón que se mantivo viva até os nosos días. Podemos rastrexar a importancia da [[Materia de Bretaña]] en obras destacadas da nosa literatura contemporánea como as seguintes:
 
* ''[[Na noite estrelecida]]'' de [[Ramón Cabanillas]].
* ''[[Merlín e Familia]]'' de [[Álvaro Cunqueiro]].
* ''[[Amor de Artur]]'' e ''[[Percival e outras historias]]'' de [[Xosé Luís Méndez Ferrín]].
* ''[[Galván en Saor]]'' de [[Darío Xohán Cabana]].
* ''[[Morgana en Esmelle]]'' de [[Begoña Caamaño]].
 
== Véxase tamén ==
* [[Materia de Bretaña]]
* [[Santo Graal]]
* [[Rei Artur]]
* [[Cabaleiros da Táboa Redonda]]
 
== Referencias bibliográficas ==
* A DEMANDA DO SANTO GRAAL: versão de Augusto Magne. Vol. I. Rio de Janeiro: Imprensa Nacional / INL - Ministério da Educação e Saúde, 1944.
* A DEMANDA DO SANTO GRAAL: manuscrito do século XIII / Texto sob os cuidados de Heitor Megale. São Paulo: T. A. QUEIROZ / EDUSP, 1988.
* A DEMANDA DO SANTO GRAAL E O CILCO ARTURIANO DA VULGATA: José Carlos Ribeiro Miranda / Imprensa: Riagráfica, Artes Gráficas, Lda, Estarreja / Outubro 1998
 
== Ligazóns externas ==
Liña 15 ⟶ 56:
* [https://web.archive.org/web/20070304082742/http://www.orbilat.com/Languages/Portuguese/Texts/Portuguese-Texts-Demanda_do_Santo%20Graal.html Fragmento da obra]
* [http://www.geniodalampada.com/trabalhos_prontos/santo_graal.htm Información da obra: manuscrito, resumo etc.; é preciso rexistrarse]
* [https://quilombonoroeste.wordpress.com/2015/08/28/novelas-de-cavalaria-em-galego-portugues-a-demanda-do-santo-graal/]
 
 
 
 
{{Control de autoridades}}