Diccionario da literatura galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 50:
 
== Recepción crítica ==
A primeira entrega, ''[[wikipedia:Diccionario da literatura galega I Autores|Autores]]'', foi recensionada por [[Andrés Pociña]] no número 130 da [[Grial (revista)|revista Grial]], co artigo «Un diccionario literario galego como é debido». Neste faise unha comparación con obras anteriores da mesma liña: ''[[Historia da literatura galega contemporánea]]'' -de [[Carvalho Calero]]- abranguía un eido excesivo por considerar a autores e autoras en galego e castelán, ademais de considerar aqueles que escribiran obras relacionadas coa Galiza; e ''[[Diccionario de escritores galegos en lingua galega]]'' -de [[Francisco Fernández del Riego|Fernández del Riego]]- consideraba a escritores e escritoras en galego sobre calquera asunto, non se refería á produción puramente literaria. Fronte a isto, a obra coordinada por [[Dolores Vilavedra]] «está moi ben concebida, resulta bastante completa, e trata de manter sempre unha congruencia cos presupostos que se toman como base de traballo»<ref name=":0">{{Cita publicación periódica|apelidos=Pociña|nome=Andrés|data=1996|título=Un diccionario literario galego como é debido|PMC=|revista=Grial|doi=|ISSN=0017-4181|PMID=|volume=XXIV|páxinas=272-274|número=130}}</ref>.
 
Emporiso, no artigo o autor destaca varios aspectos mellorábeis, como a ampliación da bibliografía ou como a adición das iniciais do ou da responsábel de cada entrada, mais di que «o conxunto presenta unha liña de traballo clara e convincente, no que estas pequenas tachas que lle apoño soamente son o resultado dunha lectura feita con moitísimo interese, e co coidado que merece unha obra tan importante, tan meritoria, tan ben realizada, tan útil e proveitosa para o estudo da nosa literatura galega»<ref name=":0" />.