Diccionario da literatura galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 49:
* O último, ''Termos e institucións literarias'', abre cun apartado de termos literarios. Tras este, preséntase o corpus: definición, época, principais axentes e obras e bibliografía. Este tomo conta cun apartado final de cadros: métrica, cantigas medievais, literatura popular, xeracións e grupos poéticos do século XX
 
=== Recepción crítica ===
A primeira entrega, ''[[wikipedia:Diccionario da literatura galega I Autores|Autores]]'', foi recensionada por [[Andrés Pociña]] no número 130 da [[Grial (revista)|revista Grial]], co artigo «Un diccionario literario galego como é debido». Neste faise unha comparación con obras anteriores da mesma liña: ''[[Historia da literatura galega contemporánea]]'' -de [[Carvalho Calero]]- abranguía un eido excesivo por considerar a autores e autoras en galego e castelán, ademais de considerar aqueles que escribiran obras relacionadas coa Galiza; e ''[[Diccionario de escritores galegos en lingua galega]]'' -de [[Francisco Fernández del Riego|Fernández del Riego]]- consideraba a escritores e escritoras en galego sobre calquera asunto, non se refería á produción puramente literaria. Fronte a isto, a obra coordinada por [[Dolores Vilavedra]] «está moi ben concebida, resulta bastante completa, e trata de manter sempre unha congruencia cos presupostos que se toman como base de traballo»<ref name=":0">{{Cita publicación periódica|apelidos=Pociña|nome=Andrés|data=1996|título=Un diccionario literario galego como é debido|PMC=|revista=Grial|doi=|ISSN=0017-4181|PMID=|volume=XXIV|páxinas=272-274|número=130}}</ref>.