Wikipedia:A Taberna (propostas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
proposta de consenso
Liña 86:
::{{ping|Maria zaos}}Eu o que propuxen era engadir unha nota ó final do texto que hai actualmente na efeméride (se indiquei algo incorrecto ou sen xeito no texto que propuxen arriba non era a miña intención, o texto só era unha proposta inicial que non tiña moito valor, o valor para min é engadir unha nota que aclare un pouco o asunto). O contido da nota habería que falalo, pero primeiro temos que saber se unha nota pode ser unha solución a este tema, se non, non paga a pena ir por ese camiño...
::Non vexo preciso modificar o libro de estilo das efemérides, non di nin arre nin xo ó respecto, e se aquí se considera que neste caso debe engadirse unha nota, sería o mesmo o que dixera o libro xa que un dos piares da Wikipedia é [[Wikipedia:Ignore todas as regras]]. Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 9 de abril de 2019 ás 10:18 (UTC)
 
--
 
Son Xabier Cid, e a petición de persoas fóra de aquí, acudo a pór un pouco de paz e de consenso. Lin todo o debate e vou tentar facer un resumo para que poidamos achegar un consenso. Houbo palabras fortes ao longo do debate, e estaría ben que non as houbese e '''que non rifásemos''', porque todas as que aquí estamos estámolo para facer a mellor wikipedia que poidamos, coa nosa diversidade.
 
Primeiro vou repasar e resumir o debate previo, e logo vou facer unha primeira rolda tentativa de consenso.
 
# '''Que consenso hai?''' Mencionouse no debate a existencia dun consenso previo sobre o título da efeméride. Ese preconsenso, non explícito, efectivamente habíao, e hai un momento en que deixa de habelo. Non estamos a falar de verdades e mentiras, que simplificaría as cousas, senón de que todas temos razón e temos que pornos de acordo para a redacción dunha cousa que, en calquera das súas versións, é certa. O argumento do primeiro editor (ou do preconsenso anterior) non é, pois, abondo. Agora hai claramente unha ruptura do consenso e hai que volver a el. No que estamos de acordo é en que nesa data se aproba en Francia algo importante e digno de estar na Wikipedia na sección de efemérides, que se refería aos varóns, que empregar o termo *home* pode ser ambiguo, e que estamos nun formato, o das efemérides, que supón unhas limitacións de espazo e de lonxitude.
# '''Como se chama o texto?''' O texto aprobado chámase ''Déclaration des droits de l'homme et du citoyen''. En francés. Dese texto non hai unha tradución estándar publicada, pero hai traducións en mencións por aí, que adoitan traducir 'homme' por 'home', se ben esta é só unha das traducións posibles. Traducilo por 'varón' é igual de correcto. As dúas opcións son correctas, pero unha é, ou pode ser, ambigua. Hai xente que vai entender home como humano e outra home como varón. Pero a versión de 'home' parece a preferida pola súa similitude fónica co francés, ou por ser o habitual en español. Polas razóns que sexan.
# '''Somos vítimas de axendas ideolóxicas?''' Un dos puntos do debate é que a modificación do artigo se debe a unha cuestión ideolóxica. Por suposto, pero é ideolóxico para todas as partes. As que consideran que a desambiguación é importante están condicionadas por unha ideoloxía e as que consideran que non é relevante, tamén. É un debate importante desde o punto de vista ideolóxico e é imposible escapar a el. E é posible ser (simplificando) "feminista" e considerar que se debe escribir "home" sen aclaracións e ser (simplificando) "non feminista" e pensar que unha aclaración ou unha tradución distinta resultaría mellor. Pero en calquera caso o feito de que esteamos debatendo sobre isto é unha cuestión ideolóxica, e iso non é moi discutible. Non evitable
# '''Canta debe ser a extensión e formato dunha efeméride?''' Algunhas das solucións propostas incidiron na ampliación ou modificación do texto desta efeméride, e iso levou a un debate xenérico de como de longa ou que tipo de formato ten que ter unha efeméride. Este segundo aspecto é un debate que podemos manter, pero non é este o sitio. E non porque sexa ou non a páxina adecuada, senón porque o debate sobre o formato, lonxitude ou inclusión ou non de notas debería facerse independentemente do que se opine sobre home/varón. Sería incorrecto que chegásemos a ese debate opinando o que nos vén ben para acomodar a cuestión da Declaración. Polo tanto, e de maneira inversa, se non existen uns límites ao que debe ser unha efeméride que fosen debatidos e consensuados de maneira positiva, chegar a unha solución que discrepe do máis habitual en efemérides tampouco debera asustarnos. Ou sexa, que se esta efeméride é máis longa do que debería, pois bueno, non será o óptimo, pero non hai moitas regras polo de agora e permitiríanos solventar un problema que existe (co que podemos estar de acordo ou non) e que parece, a teor do que levamos debatido, ser maior có outro.
 
PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN
 
Ata o de agora no debate deu unha aliñación, ou a creación de dous grupos, entre os partidarios de mudar e os partidarios de non mudar. Primeiro vou facer unha pregunta aos partidarios de non-mudar (vou sinalar os que xa se pronunciaron pero poden engadirse máis) e a seguir preguntarei aos que queren mudar.
 
E a partir diso farei unha tanda de propostas textuais para conseguir o maior consenso posible.
 
1. En aras de conseguir un consenso, estarían as **persoas partidarias de non-mudar o texto** (entre elas [[Usuario:HombreDHojalata|HombreDHojalata]], [[Usuario:Norrin_strange|Norrin strange]], [[Usuario:Atobar|Atobar]], [[Usuario:Banjo|Banjo]] e [[Usuario:Agremon|Agremon]]), dipostas a...
 
* Modificar o título do texto: pondo o título en francés OU traducindo por 'varón'?
**Si
**Non
 
* Prolongar o texto da maneira menos intrusiva posible, para aclarar que se refería a varóns?
**Si
**Non
 
* Engadir unha nota ao pé?
**Si
**Non
 
2. En aras de conseguir un consenso, estarían as **persoas partidarias de mudar o texto** engadindo unha explicación inequívoca (entre elas [[Usuario: Lles|Lles]], [[Usuario: Elisardojm|Elisardojm]], [[Usuario: Lameiro|Lameiro]], [[Usuario: Miguelferig|Miguelferig]], [[Usuario: MAGHOI|MAGHOI]] e [[Usuario:Maria zaos|Maria Zaos]], dispostas a:
 
* Modificar o título do texto: pondo o título en francés OU traducindo por 'varón'?
**Si
**Non
 
* Engadir unha nota ao pé sen modificar nada o texto actual?
**Si
**Non
 
* Deixar toda a explicación da tradución á páxina do texto, incluíndo unha primeira liña onde se recollan as 2 traducións posibles, e explicando dende o principio que 'homme' non sabemos se se refería a home ou a humano, pero que en calquera caso excluía as mulleres?
**Si
**Non
 
En canto teñamos os votos máis ou menos desta parte, continúo coas propostas construtivas... Moitas grazas a todas. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] <small>[[Conversa Usuario:Xabier Cid| Talk 2 me, please]]</small> 9 de abril de 2019 ás 11:49 (UTC)
 
== Marcaxe - extensión ou proporcionalidade ==