Herba moura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Libro Herba Moura de Teresa Moure.
 
Libro Herba Moura de Teresa Moure
Liña 6:
Herdou o trono de [[Suecia]] trala morte do seu pai aún sendo adolescente. Recibiu a educación necesaria para reinar un pouco máis adiante. Desde que foi coroada raíña, rexeitou a idea de ter fillos, aunque supuxera cortar a liña de descendentes para o trono. Recibíu moitas presións por parte dos conselleiros e gramáticos que a educaron. Aún así, seguía firme na súa opinión. Christina sempre se interesou polo coñecemento xeral e pola filosofía. Acostumaba a invitar estudosos e intelectuais á corte. Un destes invitados foi René Descartes, que acudiu a [[Estocolmo]] coa esperanza de que a coroa sueca respaldase os seus estudos. En Suecia, a raíña se reunía co filósofo moi temprano polas mañás, o cal alteraba moito a rutina de Descartes. Christina comezou a namorarse do filósofo mais nunca se o fixo saber. Descartes sentía algo parecido por Christina. A consideraba unha muller moi atractiva mais non tanto desde o ponto de vista físico senón desde o intelectual. Tiña algo que a facía moi intersante para él. [[René Descartes|Descartes]] contraeu unha enfermidade que en poucos días acabou coa súa vida. Christina, lamentándose de non haber podido confesar os seus sentimentos por Descartes, decidíu acabar co seu reinado e abdicou en favor do seu primo e marchou de Suecia para viaxar por toda [[Europa]] e morreu en [[Roma]], o lugar onde se estableceu por última vez.
 
=== '''Hélène Jans '''===
Era unha sandadora e meiga que residía en [[Ámsterdam]]. Estaba axudando a unha muller a ter un fillo e non paraba de repetirlle que gardase as forzas para cando chegara o momento de parir. Mentres tanto, para distraíla, Hélène lle contou a historia da súa filla. Ela vivía nunha casa na que servía como criada. Ocupábase de diversas tarefas do fogar e no seu tempo libre gustáballe ler. Os señores da casa acostumaban a ter invitados , e unha destas persoas foi o filósofo René Descartes. Este propuxo que os xoves se fixeran reunións na casa nas que todas as persoas que alí vivían poideran exponer os seus pontos de vista sobre temas filosóficos e demais. Hélène foi collendo o gusto á filosofía e comezou a traballar pola súa conta nun dos temas expostos nas reunións, o dunha lingua universal. Descartes interesouse nas ideas de Hélène e traballaron xuntos na creación dunha lingua global. O interés de Descartes foi máis alá do filosófico e comezaron unha relación amorosa da que naceu unha nena, chamada Francine, moi querida polos seus pais. A pequena Francine  morreu aos cinco anos de idade e deixou un vacío enorme, imposible de encher de novo, nin para Hélène nin para Descartes.