Herba moura: Diferenzas entre revisións

obra literaria de Teresa Moure
Contido eliminado Contido engadido
Libro Herba Moura de Teresa Moure.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 9 de abril de 2019 ás 10:49

Herba Moura (Solanum nigrum ) é unha das novelas máis premiadas de Teresa Moure. Publicada no ano 2005 pola editorial Xerais na cidade de Vigo. Neste libro fálase de Hélène Jans e Christina de Suecia a través dun personaxe contemporáneo, Einés Andrade que decide escribir a súa tese doutoral sobre estas dúas mulleres que teñen en común o seu amorío co filósofo René Descartes.

Resumo por capítulos

Christina de Suecia

Herdou o trono de Suecia trala morte do seu pai aún sendo adolescente. Recibiu a educación necesaria para reinar un pouco máis adiante. Desde que foi coroada raíña, rexeitou a idea de ter fillos, aunque supuxera cortar a liña de descendentes para o trono. Recibíu moitas presións por parte dos conselleiros e gramáticos que a educaron. Aún así, seguía firme na súa opinión. Christina sempre se interesou polo coñecemento xeral e pola filosofía. Acostumaba a invitar estudosos e intelectuais á corte. Un destes invitados foi René Descartes, que acudiu a Estocolmo coa esperanza de que a coroa sueca respaldase os seus estudos. En Suecia, a raíña se reunía co filósofo moi temprano polas mañás, o cal alteraba moito a rutina de Descartes. Christina comezou a namorarse do filósofo mais nunca se o fixo saber. Descartes sentía algo parecido por Christina. A consideraba unha muller moi atractiva mais non tanto desde o ponto de vista físico senón desde o intelectual. Tiña algo que a facía moi intersante para él. Descartes contraeu unha enfermidade que en poucos días acabou coa súa vida. Christina, lamentándose de non haber podido confesar os seus sentimentos por Descartes, decidíu acabar co seu reinado e abdicou en favor do seu primo e marchou de Suecia para viaxar por toda Europa e morreu en Roma, o lugar onde se estableceu por última vez.

Hélène Jans

Era unha sandadora e meiga que residía en Ámsterdam. Estaba axudando a unha muller a ter un fillo e non paraba de repetirlle que gardase as forzas para cando chegara o momento de parir. Mentres tanto, para distraíla, Hélène lle contou a historia da súa filla. Ela vivía nunha casa na que servía como criada. Ocupábase de diversas tarefas do fogar e no seu tempo libre gustáballe ler. Os señores da casa acostumaban a ter invitados , e unha destas persoas foi o filósofo René Descartes. Este propuxo que os xoves se fixeran reunións na casa nas que todas as persoas que alí vivían poideran exponer os seus pontos de vista sobre temas filosóficos e demais. Hélène foi collendo o gusto á filosofía e comezou a traballar pola súa conta nun dos temas expostos nas reunións, o dunha lingua universal. Descartes interesouse nas ideas de Hélène e traballaron xuntos na creación dunha lingua global. O interés de Descartes foi máis alá do filosófico e comezaron unha relación amorosa da que naceu unha nena, chamada Francine, moi querida polos seus pais. A pequena Francine  morreu aos cinco anos de idade e deixou un vacío enorme, imposible de encher de novo, nin para Hélène nin para Descartes.

Elas, das que tanto se fala

Tras abdicar, Christina fixo unha parada en Ámsterdam para visitar o antigo amor de René Descartes, Hélène. A que foi raíña dunha potencia europea e unha das nacións máis avanzadas da época, atopou a meiga na súa casa e lle deu uns papeis que a pertencían. Estiveron falando e rindo durante horas, chorando ás veces e recordando o que sentiron polo filósofo e o que significou para as súas vidas. Tralo encontro, Christina marchou e viaxou por toda Europa e mantivo o contacto con Hélène por carta. Nelas, tentabaa convencer para retomar o seu traballo e construír unha lingua universal coa que todas as nacións poideran entenderse. Hélène repetía que non quería facer iso senón ser ela mesma e axudar ás mulleres que o necesitasen coas súas receitas e herbas.

Einés Andrade

Esta chica procede dunha casa na que vivían mulleres soamente, a súa nai, as súas tías e a bisavoa. Non sabe nada do seu pai xa que naceu froito dunha violación por parte dun home que crían que era un funcionario. A súa tía dedicábase a cociñar doces e Livia, a súa nai, foi expulsada da Sección Femenina.

A bisavoa marchou a principios de siglo para Cuba, e alí coñeceu o seu marido co que tivo catro fillos, dous homes e dúas mulleres. Cando volveu a Galiza, integrouse na loita obreira e tivo que esconderse cando estalou a Guerra Civil. Deixou a súa filla pequena coa súa outra filla. A nena morreu e os seus fillos tamén. A primeira dunha enfermidade e os fillos combatendo. Trala guerra viviu coa única filla que lle quedaba. Einés ten vinte e sete anos e está a facer a súa tese doutoral e mantén correspondencia habitualmente co seu titor. A tese vai sobre Descartes e as súas ideas mais ela considera moito máis interesante a información que se poida extraer das mulleres que formaron parte da vida do filósofo, tanto Hélène como Christina de Suecia aunque o profesor que leva a súa tese non o vexa moi claro.

Estilo

A obra está constituída en forma de patchwork ou “mosaico” a base de cartas, receitarios e diarios cos que a autora vai construíndo a novela.[1]

Estilos utilizados
Receitas 14
Cancións 2
Fragmentos de Ensaio 6
Cartas 17
Esconxuros 3
Diarios (poesía) 11
Diarios (prosa) 5
Artigos 1

Temática

"Lo que yo pretendía era escribir una historia de las mujeres desde un punto de vista alternativo al de la versión oficial que nos contaron, donde como estaban recluidas en sus casas y alejadas del dominio público, simplemente no existían." [2]O que pretende a autora é facer protagonistas ás mulleres e non a Descartes aínda que a relación entre as tres sexa o filósofo. De feito, na novela, o nome de Descartes non aparece até case as cen páxinas.

Por tanto, o que as une e algo máis profundo que a admiración por este filósofo pois o eixe da acción se encontra na vontade de darmos a coñecer a posibilidade que ten toda muller de proporcionar unha visión sobre os problemas distinta á masculina, sobre a cal se sustenta a sociedade desde as orixes até a actualidade. Esta obra é un alegato ao feminismo,a ler a historia deixando atrás os valores do patriarcado que é ao que estamos acostumados.

Premios

  • Premio Xerais de Novela 2005
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2005
  • Premio Irmandade do Libro á autora do ano 2005
  • Premio Benito Soto á mellor novela do ano 2005
  • Premio da Crítica, 2005 (narrativa)

Véxase tamén

Bibliografía

Herba Moura, Teresa Moure, Editorial Xerais, Vigo 2005

Ligazóns externas

https://www.raco.cat/index.php/Lectora/article/viewFile/205554/284755

https://www.librosyliteratura.es/entrevista-a-teresa-moure.html

https://www.xerais.gal/libro.php?id=948892

http://revistadeletras.net/hierba-mora/

  1. "Entrevista a Teresa Moure". Consultado o 08 de Abril de 2019. 
  2. Hernández, Escrito porSusana (2010-06-14). "Entrevista a Teresa Moure". Libros y Literatura (en castelán). Consultado o 2019-04-09.