Diccionario da literatura galega: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 32:
* O primeiro tomo leva por título [[wikipedia:Diccionario da literatura galega I Autores|'''''Autores''''']] (1995) e trátase dunha listaxe en orde alfabética dos autores e autoras que, até 1994, publicaron canto menos un libro en lingua galega. Neste participaron [[Iris Cochón]], Luciano Fernández, [[Ana Belén Fortes]], [[Helena González Fernández]], [[Henrique Monteagudo]], [[Ramón Nicolás]], [[María do Carmo Ríos Panisse]] e [[Dolores Vilavedra]]. Como criterio de selección de entradas para ''Autores'' fixaron como data límite decembro do ano 1994. Terán sidos en conta todos os autores e autoras que, como mínimo, teñan publicada unha obra en lingua galega. A extensión da entrada de cada autor vai en función do «valor tanto extrínseco coma intrínseco da obra».<ref name="WORLDCAT"/>
* O segundo tomo, titulado [[wikipedia:Diccionario da literatura galega II Publicacións periódicas|'''''Publicacións periódicas''''']] (1995), é a primeira parte de dúas partes referidas ás publicacións. Este está centrado nos textos xornalísticos que,
* O terceiro tomo que conforma o dicionario, [[wikipedia:Diccionario da literatura galega III Obras|'''''Obras''''']] (2000) é a segunda parte das referidas ás publicacións, esta vez coa listaxe de obras. Ofrece un comentario crítico a duascentas corenta e nove obras da nosa historia literaria en orde alfabética. Conta coa colaboración de [[Teresa Bermúdez]], [[Maria Cuquejo]], [[Ana Belén Fortes]], [[Helena González Fernández]], [[Xosé Antonio Neira Cruz]], [[Iolanda Ogando]], Noemí Pazó, [[Teresa Seara]], [[Marcos Valcárcel]], [[Miro Villar]], [[Iris Cochón]], [[Silvia Gaspar]] e [[Xosé Manuel Varela]]. A selección para ''Obras'' fíxose tendo en conta ao lector escasamente iniciado, querendo funcionar como unha axuda para este, mais tamén querendo facer accesíbeis novas obras para poder avanzar no estudo da literatura galega. Este repertorio foi consensuado polos colaboradores para dar testemuño do percorrido da nosa literatura.
|