Diferenzas entre revisións de «Igrexa ortodoxa siríaca»

Segundo as máis antigas tradicións do cristianismo primitivo, a Igrexa de Antioquía é a segunda Igrexa establecida despois de [[Xerusalén]] e a súa preeminencia apostólica está fóra de toda dúbida. No ''Chronicon'' de [[Eusebio de Cesarea]] afírmase que o propio [[Pedro, papa|San Pedro]] se estableceu alí, fundando un bispado e sendo o seu primeiro bispo.
 
No século V, na cristiandade existían patriarcados en [[Alexandría]], [[Constantinopla]], Antioquía e [[Roma]]. Dende 1293, os patriarcas de Antioquía adoptaron o nome de Ignacio en honra de [[San Ignacio de Antioquía]], mártir do século II que deixou diversas cartas onde da testemuño doda súa condución ao martirio.
 
No ano [[518]], o patriarcado foi obrigado a desprazarse a diversas localidades ata establecerse definitivamente no mosteiro de [[Dayro d-Mor Hananya]], tamén chamado Kurkmo Dayro, en Mardin, [[Turquía]] no século XIII. Tras as persecucións e matanzas de principios de século polos patriotas turcos e os kurdos, en 1957, refuxiouse en [[Damasco]]
O cristianismo siríaco tivo un especial foco de expansión en [[Edessa]], ata o punto de que existen tradicións lendarias que recollen correspondencia entre o rei [[Abgar Ukomo]] e o propio Xesús, e de como un dos setenta discípulos chamado Edai curou a ese monarca da súa enfermidade. O que é rigorosamente histórico é que o cristianismo estaba solidamente implantado en Edessa a principios do século II. Isto fai competir a Edessa con [[Armenia]] na reivindicación de seren os primeiros reinos cristiáns da historia da humanidade, por suposto moito antes da conversión da propia Roma.
 
O establecemento do cristianismo na India tamén remóntase a antiquísimas tradicións que o vencellan á suposta chegada do apóstolo [[Tomé, apóstolo|Santo TomásTomé]] a [[Malankara]] ([[Kerala]]), no ano 52 despoixadespois de Cristo. Dende o século IV, esta Igrexa recoñece a autoridade do patriarca de Antioquía, que consagra ao ''Catholicos do Leste'', cabeza da [[Igrexa Malankara]].
 
No século II, os textos bíblicos xa circulaban en [[siríaco]], o que se supón que é unha volta aos substratos semíticos dos textos gregos, polo que son moi apreciados polos escrituristas e exexetas para entenderen o primeiro cristianismo e a figura e os ditos do Xesús histórico.
52.362

edicións