Xoán Tzetzes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{biografía}}
'''Xoán Tzetzes''' ou '''Ioannes Tzetzes''' (Ιωάννης Τζέτζης, '''Ioannis Tzetzis''', nado ca. [[1110]] e finado ca. [[1110|1180]], foi un escritor e erudito [[Bizancio|bizantino]], irmán do [[Filoloxía|filólogo]] [[Isaac Tzetzes]].
 
== Traxectoria ==
Recibiu unha excelente educación [[Filoloxía|filolóxica]] e foi durante algún tempo profesor de gramática; despois entregouse á literatura, ocupación que asegurou o seu pan cotián. Nos seus escritos non desperdicia ocasión para falar das diferentes circunstancias da súa existencia: é un home do século XII que vive da súa actividade literaria e quéixase sen cesar da súa pobreza e miserias, e, pretendendo as grazas de ricos e nobres, dedícalles os seus escritos. InvulnerabelInvulnerábel á modestia, como [[Miguel Pselo|Miguel Psellos]], indígnase ante a idea de que non sexan debidamente recoñecidos os seus méritos e caeu un día en tal miseria que de todos os seus libros só lle resta un exemplar de [[Plutarco de Queronea|Plutarco]]. Como, por falta de diñeiro, non podía procurarse as obras necesarias e debía confiar principalmente na súa memoria, cometeu nos seus escritos moitos erros históricos elementais. Nunha das súas obras escribe:{{Cita|Para min, a miña biblioteca é a miña cabeza. Dada a gran penuria na que estamos, non temos libros na casa. Así, non podo nomear exactamente o autor.}}Noutra obra escribe respecto da súa memoria: «Deus non creou nunca e nunca creará un home que teña unha memoria semellante á de Tzetzes». A erudición de Tzetzes en materia de literatura clásica antiga e bizantina era moi notabelnotábel. Lera innumerabelinnumerábel cantidade de poetas, escritores dramáticos, historiadores, oradores, filósofos, xeógrafos e novelistas, sobre todo a [[Luciano de Samosata|Luciano de Samosata.]]. As obras de Tzetzes están escritas nun estilo retórico e recargadas de citas mitolóxicas, literarias e históricas, así como cheas de autoeloxios. Son, pois, difíciles de ler. Entre os seus numerosos escritos destaca a colección das súas ''Cartas'', cento sete en total, que ten certa importancia non xa para a biografía do autor, senón para a dos seus correspondentes. En verso popular está o ''Libro das historias'', de carácter histórico-filolóxico; abarca máis de doce mil versos. Desde a primeira edición, onde, por comodidade, a obra se dividiu en doce partes de mil versos, chámase ordinariamente a este libro as ''Quilíadas'' (é dicir, ‘os Miles’). As ''Misionas ou Quilíadas'' de Xoan Tzetzes, non son, segundo Krumbacher, máis que «un enorme comentario versificado das súas propias cartas, que alí se explican a unha tras a outra». As relacións das cartas e as ''Quilíadas'' son tan íntimas, que as primeiras poden considerarse como un resumo detallado das segundas. Este só feito quita ás ''Quilíadas'' todo valor literario.
 
Entre os seus numerosos escritos destaca a colección das súas ''Cartas'', cento sete en total, que ten certa importancia non xa para a biografía do autor, senón para a dos seus correspondentes. En verso popular está o ''Libro das historias'', de carácter histórico-filolóxico; abarca máis de doce mil versos. Desde a primeira edición, onde, por comodidade, a obra se dividiu en doce partes de mil versos, chámase ordinariamente a este libro as ''Quilíadas'' (é dicir, ‘os Miles’). As ''Misionas ou Quilíadas'' de Xoán Tzetzes, non son, segundo [[Karl Krumbacher|Krumbacher]], máis que «un enorme comentario versificado das súas propias cartas, que alí se explican a unha tras a outra». As relacións das cartas e as ''Quilíadas'' son tan íntimas, que as primeiras poden considerarse como un resumo detallado das segundas. Este só feito quita ás ''Quilíadas'' todo valor literario.
Outra gran obra de Xoan Tzetzes, tamén escrita en versos populares, son as ''Alegorías sobre a Ilíada e a Odisea'', dedicadas á esposa do emperador [[Manuel I Comneno|Manuel]], Berta-Irene, chamada polo autor a raíña «máis homérica», é dicir, a maior admiradora do «moi sabio Homero, ese lago de palabras» a «lúa clara, non bañada polas ondas do Océano, senón que sae do leito de púrpura do seu sol». Nesta obra expón o contido dos cantos de [[Homero]], explicándoos desde o punto de vista da exexese [[Alegoría|alegórica]]. Ao principio das mesmas di, con non pouca e característica presunción:{{Cita|Póñome á tarefa e, tras tocar a Homero coa variña máxica da miña palabra, fareino máis accesibel a todos e as súa profundidades invisibeis aparecerán a plena luz ante nós.}}Ademais destas obras, Tzetzes deixou outras sobre [[Homero]] e [[Hesíodo]], [[Escolio|escolios]] (notas críticas ou explicativas á marxe dos manuscritos) sobre [[Hesíodo]] e [[Aristófanes]], algúns poemas, a obra ''Antehomérica, homérica e posthomérica'', etc. Os traballos de XoanXoán Tzetzes non foron editados aínda nos nosos días e algúns probabelmente perdéronse.
 
Tzetzes é valioso polo seu celo erudito e o seu interese por compilar documentos; por iso os seus escritos son unha fonte de valiosos informes sobre a Antigüidade e a literatura clásica; por outra banda os seus vastos coñecementos e a suasúa epistolografía permite extraer algunhas conclusións sobre o carácter do Renacemento literario da época dos [[Dinastía Ducas-Comneno|Comnenos]].
 
=== Outras obras ===
 
* ''Iliaka'', extenso poema dividido en tres partes.
Liña 16 ⟶ 17:
== Véxase tamén ==
 
=== Bibliografía ===
* ''Quilíadas''
 
== Bibliografía ==
 
* A. A. Vasiliev, ''Historia del Imperio Bizantino.'' Tomo Segundo: De las Cruzadas a la Caída de Constantinopla (1081-1453).
 
=== Ligazóns externas ===
 
* [http://books.google.com/books?id=vagSiRDfZssC&printsec=frontcover&hl=el&source=gbs_summary_r&cad=0#PPR3,M1 ''Alegorías sobre a Ilíada'', edición de 1851 en Google libros]
Liña 29 ⟶ 28:
* [http://books.google.com/books?id=oTQOAAAAYAAJ&printsec=frontcover&dq=Tzetzes&lr=&as_brr=3&hl=el Antehomérica, homérica e posthomérica, edición de 1793 en Google libros]
* [http://books.google.com/books?id=dG0GAAAAQAAJ&printsec=frontcover&dq=Tzetzou&lr=&as_brr=3&hl=el#PPR1,M1 ''Quilíadas'', edición de 1826 en Google libros]
 
=== Outros artigos ===
 
* ''[[Quilíadas]].''
{{control de autoridades}}