Indalecio Tizón Covelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
María Covelo Raimundez
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Fillo de [[Indalecio Tizón Reboreda]] e María Covelo RaimundezRaimúndez. Estudou o bacharelato e perito industrial en Vigo. Emigrado na [[Arxentina]] durante 16 anos, foi dirixente de institucións galegas e autor da audición ''Ventana a Galicia'' en lingua galega. Pertenceu á Rueda Americana de la Amistad e á cooperativa de Autores Marplatenses que lle editou o libro ''Algunos poemas y otros más''. Presidiu a comisión que tratou o problema do emigrante no I [[Congreso da Emigración Galega]] celebrado en Buenos Aires en 1956. Retornou a Galicia en outubro de 1966 e foi candidato a procurador en Cortes polo terzo familiar pola provincia de Pontevedra con [[Leopoldo García Ortega]] en [[1967]],<ref>''[[El Pueblo Gallego]]'', 4-10-1967, p. 7.</ref> aínda que finalmente retiraron as súas candidaturas ao non admitir a Xunta provincial do Censo os seus folletos de propaganda.<ref>''[[La Noche]]'', 5-10-1967, p. 7.</ref> Volveu emigrar a Arxentina, significouse na oposición exterior ao franquismo. Ao seu regreso instalouse en [[Vigo]]. Membro da Xunta directiva da Federación Mundial de Sociedades Galegas, presidiu a comisión que organizou o Congreso da emigración galega celebrado en Vigo en xuño de [[1976]]. Ingresou no [[PSOE]] e foi Secretario de Relacións Políticas da Federación Galega en [[1978]]. Membro da executiva nacional galega do PSOE, foi candidato ao Senado pola [[provincia de Pontevedra]] nas [[Eleccións Xerais 1979 en España|eleccións de 1979]]. Membro da comisión redactora do [[Estatuto dos dezaseis]], o [[9 de xuño]] de [[1979]] foi nomeado conselleiro no Segundo Goberno da Preautonomía presidido por [[Xosé Quiroga Suárez]], cargo do que dimitiu o [[6 de decembro]]. Foi candidato á executiva no Congreso extraordinario dos socialista galegos celebrado en agosto de 1980.<ref>[http://www.elpais.com/articulo/espana/GALICIA/ESPANA/UNION_DE_CENTRO_DEMOCRATICO/PARTIDO_SOCIALISTA_OBRERO_ESPANOL_/PSOE/congreso/socialistas/gallegos/reafirmara/oposicion/Estatuto/elpepiesp/19800810elpepinac_1/Tes El congreso de los socialistas gallegos reafirmará su oposición al Estatuto]</ref> Abandonou o PSOE e integrouse no [[Partido Galeguista (1978)|Partido Galeguista]], sendo elixido Vicesecretario no III Congreso celebrado en decembro de [[1983]]. Cando en [[1984]] o Partido Galeguista decidiu integrarse en [[Coalición Galega]] Indalecio Tizón formou parte da súa comisión xestora. En [[1986]] foi candidato de Coalición Galega ao senado por Pontevedra.
 
== Notas ==