Clarescuro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Born2bgratis moveu a páxina "Claroscuro" a "Clarescuro": https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/clarescuro
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Jacopo Tintoretto 015.jpg|miniatura|275px|''Retrato de dous homes'', de [[Tintoretto]]]]
 
O '''claroscuroclarescuro'''<ref>{{DRAG|clarescuro}}</ref> (ás veces en [[lingua italiana|italiano]], ''chiaroscuro'') é unha [[técnica]] [[pintura|artística]] (en [[pintura]], [[debuxo]] e [[gravado]]) consistente no uso de contrastes fortes entre os volumes iluminados e os ensombrecidos do cadro para destacar máis efectivamente algúns elementos. Desenvolvida inicialmente polos pintores [[Flandres|flamengos]] e [[italia]]nos do ''[[cinquecento]]'', a técnica alcanzaría a súa maduración no [[pintura barroca|barroco]], en especial con [[Caravaggio]], dando lugar ó estilo chamado ''tenebrismo''.
 
O termo [[italia]]no ''chiaroscuro'', aínda que significa aparentemente o mesmo, é empregado máis especificamente para unha técnica de gravado en [[xilografía]], que por medio de pranchas complementarias dá cores ás imaxes, como se fosen pintadas á [[acuarela]]. O primeiro uso coñecido do termo, con este significado, atribúese ó gravador italiano [[Ugo da Carpi]], quen tería tomado a idea de composicións de orixe alemá ou flamenga. Nos gravados de Da Carpi, o efecto do claroscuroclarescuro destaca unha figura central iluminada por unha fonte de luz normalmente ausente do plano do cadro; porén, as áreas escuras non están tan acentuadas como chegarían a verse na obra dos principais difusores do ''chiaroscuro'', Caravaggio e [[Giovanni Baglione]].
 
A técnica impoñeríase tamén entre os [[manierismo|manieristas]], sendo exemplos deste uso a ''[[Última Cea]]'' de [[Tintoretto]] ou o seu ''Retrato de dous homes'', que presaxia as composicións de [[Rembrandt]]. O pintor holandés foi un dos máis conspicuos practicantes do claroscuroclarescuro, utilizando a luz na súa composición para destacar soamente o seu obxecto específico.
 
==Tenebrismo==
O estilo chamado ''tenebrismo*'' non é máis que unha aplicación radical do claroscuroclarescuro, pola cal unicamente as figuras tematicamente centrais destacan iluminadas dun fondo xeneralizadamente escuro. Ignórase se por influencia de Caravaggio ou por un desenvolvemento paralelo, o estilo cobraría moita relevancia na pintura española de finais do [[século XVI]] e comezos do [[século XVII|XVII]], a partir da obra do catalán [[Francisco Ribalta]]. Ribalta empregaría o cor e a luz para dar volume ás figuras, e para destacar os protagonistas nos seus frescos relixiosos, algúns de gran beleza; talentoso mestre, o seu estilo influiría no do seu fillo [[Juan Ribalta]], falecido moi cedo, e [[Vicente Castelló]]. Indirectamente pesaría tamén en [[Zurbarán]] e no máis destacado dos tenebristas españois, [[José de Ribera]]; este último levaría á súa maduración o estilo, empregando os volumes ensombrecidos para reforzar o horror e crueldade dos temas.
 
==Outras artes==
A técnica do claroscuroclarescuro foi popular entre os gravadores ó igual que en pintura, mais caería en desuso durante un longo período. Atinxiría renacida popularidade en [[cine]] da primeira metade do [[século XX]], a través do gosto polas composicións marcadamente estruturadas e a maquillaxe impactante do [[expresionismo alemán]]; aínda que algunhas obras plaśticas expresionistas acudiran á mesma para realzar o efecto dos seus temas —en cadros como o ''Klosterneuburg'' de [[Egon Schiele]] ou o retrato de [[Adolf Loos]] por [[Oskar Kokoschka]]—, o uso do claroscuroclarescuro no cine foi en boa medida un desenvolvemento orixinal, ó que se acudiu para resolver as limitacións técnicas da [[película fotográfica|película]] e a falta de son, que obrigaban a unha forte estilización visual para compensar.
 
O expresionismo alemán tería curta vida, mais deixaría obras influentes, como o ''[[Nosferatu|Nosferatu, eine Symphonie des Grauens]]'' de [[F. W. Murnau]], en que o claroscuroclarescuro desempeña un papel central. O traslado de moitos cineastas alemáns ós [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] como consecuencia do auxe do [[nazismo]] levaría ó desenvolvemento dun xénero cinematográfico que aunou as convencións narrativas da ficción policial americana coa influencia visual do expresionismo: o ''[[cinema negro|film noir]]''. Caracterizado polo uso de proporcións desusadas de sombra (ata un 90% da pantalla, contra o 50% a 60% convencional) e o emprego da mesma como artificio dramático —sexa escurecendo elementos de maneira suxestiva, sexa levando á pantalla a silueta dun obxecto invisíbel— o ''film noir'' empregou o claroscuroclarescuro como medio visual para desenvolver a ambigüidade moral das súas temas. En películas como ''[[The Maltese Falcon (filme de 1941)|The Maltese Falcon]]'', ''[[A noite do cazador]]'' ou ''[[Touch of Evil]]'' nos Estados Unidos, ou ''[[Pepé le Moko]]'' en Francia, o xogo de luces e sombras foi un dos elementos principais da estética.
 
==Notas==
{{listaref}}
 
{{Control de autoridades}}