Machu Picchu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 73:
Por volta de 1440, durante a súa campaña cara a [[Vilcabamba, Ecuador|Vilcabamba]], a Valgada de Picchu foi conquistada por [[Pachacuti]],<ref>Segundo Rowe, iso recollese nas crónicas do século XVI de Martín de Murúa e de [[Miguel Cabello Valboa]] ([[#Rowe|Rowe]] 1990: páx. 143)</ref> primeiro [[emperador inca]] (1438-1470). O emprazamento de Machu Picchu debeu impresionar ao monarca polas súas peculiares características dentro da xeografía sacra cusqueña.<ref>O tema foi estudado en Reinhard (1991) onde o autor atopa abundantes indicios de aliñacións e relacións visibles dende Machu Picchu entre montañas consideradas sacras, [[huacas]] e o percorrido do sol en datas clave do calendario andino.</ref> e por iso mandaría a construír alí, por volta de [[1450]], un complexo urbano con edificacións de gran luxo civís e relixiosas.<ref>A data provén de dúas fontes: por unha banda os documentos presentados por Glave e Remy (1983) e John Rowe (1990), que suxiren que Pachacuti fixo construír Machu Picchu na década de 1450, e por outro, o datado radiocarbónico obtido por Reinaldo Chohfi e Rainer Berger no recinto 6 das Colcas de Machu Picchu (Valencia e Gibaja 1992: 317).</ref>
 
Crese que Machu Picchu tivo unha poboación móbil como a maioría das [[llaqta]]s incas, que oscilaba entre 300 e 1.000 habitantes<ref>{{Cita web| url= http://www.waterhistory.org/histories/machupicchu |título= Ancient Machu Picchu Drainage Engineering |editor= WaterHistory.org |dataacceso=1/02/2014 |lingua=inglés}}</ref> pertencentes a unha elite (posiblemente membros da ''[[panaca]]'' de Pachacuti)<ref>Lumbreras 2005 : http://machupicchu.perucultural.org.pe/presentacion.htm {{LigazónWebarchive|url=https://web.archive.org/web/20110625192319/http://www.machupicchu.perucultural.org.pe/presentacion.htm morta|datadate=agosto25 de xuño de 20182011 }}</ref> e ''[[acllas]]''. Demostrouse que a forza agrícola estivo composta por colonos ''[[Mitimae|mitimaes ou mitmas]]'' ([[mitmaqkuna]]) procedentes de diferentes recunchos do imperio.<ref>Os estudos [[osteoloxía|osteolóxicos]] de Eaton en 1912 e a súa revisión por Verán (Burger et. al. 2003) son concluíntes en canto a que había en Machu Picchu poboadores, tanto da costa norte peruana como do [[altiplano]] boliviano. Este feito tamén foi notado por Chávez Ballón (1961) no seu coñecido estudo sobre a cerámica de Machu Picchu. A explicación máis razoable é que se trataba de mitmaqkuna ou mitimaes, colonos recrutados polo estado por cuestións políticas (castigo ou premio) para habitar e traballar en certas zonas do imperio afastadas das súas terras de orixe</ref>
 
Machu Picchu non era de ningún xeito un complexo illado, polo que o mito da "cidade perdida" e do "refuxio secreto" dos emperadores incas carece de base. Os vales que confluían na valgada formaban unha rexión densamente poboada que incrementou espectacularmente a súa produtividade agrícola a partir da ocupación inca en 1440.<ref>Os traballos do Proxecto Cusichaca ([[#Kendall|Kendall]], 1988: 100) indican que se producía un 90% de excedentes agrícolas na área. Que se facía deles? Todo indica que abastecían ao aínda máis poboado Valle Sagrado e á relativamente próxima capital inca en [[Cuzco]]</ref> Os incas construíron alí moitos centros administrativos, os máis importantes dos cales foron [[Patallacta]] e [[Quente]] <ref>Marca,[[#Kendall|Kendall]], 1988: 99</ref> e abundantes complexos agrícolas formados por [[socalco]]s de cultivo. Machu Picchu dependía destes complexos para a súa alimentación, pois os campos do sector agrario da cidade resultarían insuficientes para abastecer á poboación.<ref>Valencia e Gibaja: 324</ref> A comunicación intrarrexional era posible grazas ás redes de camiños incas: 8 camiños chegaban a Machu Picchu.<ref>Valencia e Gibaja 1992: 22</ref> A pequena urbe de Picchu chegouse a diferenciar das poboacións veciñas pola singular calidade dos seus principais edificios.