Río Obi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Ienisei
Liña 13:
[[Ficheiro:Bassin-fluvial-de-l-Ob.png|miniatura|Mapa da rexión do río Obi]]
[[Ficheiro:Ob river basin.png|miniatura|Cunca do río Obi]]
O '''río Obi''' ou '''río Ob''' (en [[lingua rusa|ruso]] Река Обь) é un [[río]] de [[Rusia]] cunha [[Conca hidrográfica|cunca]] de aproximadamente 3.000.000 de km² que chega até terras de [[Casaquistán]], [[Mongolia]] e [[China]]. É o máis occidental dos tres grandes cursos de auga de [[Siberia]]. A semellanza do [[Río YeniséiIenisei|YeniséiIenisei]] e o [[río Lena|Lena]], o Obi, que nace no [[macizo de Altai]] e desemboca nun extenso [[estuario]] no [[mar de Kara]], corre en dirección sur-norte e drena unha gran rexión caracterizada fundamentalmente polas súas baixas altitudes.
 
Co seu gran [[afluente]], o [[río Irtish]], o río siberiano constitúe unha das máis longas arterias fluviais do mundo, cun curso de máis de 5.400 km. O Obi e os seus principais tributarios, ofrecen posibilidades de navegación estacional, representando unha vía de comunicación moi importante para un espazo con forte potencial de desenvolvemento e, tamén, un eixe de poboamento dominado por algunhas grandes cidades como [[Novosibirsk]], [[Ekaterimburgo]] e [[Omsk]], grandes centros industriais. A cunca do gran río, durante as últimas décadas, converteuse no principal lugar de extracción de hidrocarburos da [[Federación Rusa]]. Estas actividades humanas, fontes de riqueza e tamén de contaminación, ameazan medios naturais ricos e variados.
Liña 50:
=== Hidrografía ===
[[Ficheiro:River Ob.jpg|miniatura|O Obi conxelado en Novosibirsk.]]
A conca do Obi cobre en total unha superficie de arredor de 2.975.000&nbsp;km², incluíndo esta superficie unha zona [[Estepa (bioma)|esteparia]] de 521.000&nbsp;km² pouco irrrigada que non dá lugar a ningunha achega superficial e que, en consecuencia, non reforza o caudal do río.<ref>Artigo sobre o Obi da ''Encyclopaedia Universalis''.</ref> En función da consideración ou da exclusión deste espazo, esta conca é a quinta ou a sexta, ou a [[Lista de cuncas hidrográficas por superficie|sétima]], máis ampla do mundo despois das do [[Río Amazonas|Amazonas]], do [[Río Congo|Congo]], do [[Mississippi]], do [[Nilo]] e máis ou menos como a do [[YeniséiRío Ienisei|Ienisei]].<ref>Jacques Béthemont, ''Les grands fleuves'', p. 20.</ref> O sétimo posto sae de considerar o [[Marmar Caspio]] e o [[Río da Prata]] cuncas hidrográficas.
 
A conca esténdese polo territorio de catro Estados: Rusia (73,77%) e Casaquistán (24,71%) que comparten case a totalidade da súa superficie, e China (1,51%) e Mongolia (0,01%) que non participan máis que de xeito marxinal.<ref>''Transboundary rivers flowing through EECCA countries and discharging into the Arctic Ocean and their major transboundary tributaries'', Nations Unies, p. 2 [http://www.unece.org/env/documents/2006/wat/ece.mp.wat.2006.16.add3.e.pdf Lire en ligne]. Consultado o 16 de xuño de 2012.</ref> Na súa maior parte (85%), está constituída pola chaira de Siberia occidental. O único relevo está formado por pequenos [[Outeiro (orografía)|outeiro]]s, chamados ''grivy'', con orientación suroeste - nordeste. Esta chaira é unha zona de inundación; os [[sedimento]]s acumuláronse en máis de 6000 metros de grosor sobre capas de terreos da [[Mesozoico|era secundaria]].<ref name="Radvanyi">Jean Radvanyi, L'Ob in ''Dictionnaire illustré des merveilles naturelles du monde'', Sélection du Reader Digest, 1977, p. 282.</ref> Estes extensos horizontes levan a marca das grandes [[glaciación]]s, coa presenza de numerosos rastros [[morena|morénicos]] e de [[Terraza aluvial|terrazas]] fluvioglaciares.