Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 306:
En [[1973]] apróbase o Decreto 449/1973, de 22 de febreiro, que colocaba baixo a protección estatal todos os hórreos e cabazos antigos existentes en Galicia e Asturias. Esta breve norma, de tan só cinco artigos, intentaba atallar as consecuencias do abandono do modo de vida rural e a perda de uso dos hórreos encomendando á administración local o seu inventario e coidado e impedindo o seu desmonte e traslado.<ref>[http://www.boe.es/boe/dias/1973/03/13/pdfs/A05042-05043.pdf Decreto 449/1973], do 22 de febreiro, polo que se colocan baixo a protección do Estado os hórreos e cabazos antigos existentes en Asturias e Galicia.</ref>
 
En [[1985]] a Lei 13/85, de 25 de xullo, do Patrimonio Histórico, no seu artigo 47.1 define: ''«Son bienes inmuebles de carácter etnográfico (...) aquellas edificaciones e instalaciones cuyo modelo constitutivo sea expresión de conocimientos adquiridos, arraigados y transmitidos consuetudinariamente y cuya factura se acomode, en su conjunto o parcialmente, a una clase, tipo o forma arquitectónicos utilizados tradicionalmente por las comunidades o grupos humanos»''. Edificios tan singulares como os hórreos quedan englobados nesta definición, como queda practicamente todo o edificado ligado á vida campesiña. Esta ambición protectora de dita lei descansa en delegar a obriga da conservación, no artigo 36: ''«Los bienes integrantes del patrimonio histórico español deberán ser conservados, mantenidos y custodiados por sus propietarios o, en su caso, por los titulares de derechos reales o por los posesores de tales bienes»''.<ref>[http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/doc.php?id=BOE-A-1985-12534 Lei 13/85] {{LigazónWebarchive|url=https://web.archive.org/web/20120111032309/http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/doc.php?id=BOE-A-1985-12534 morta|datadate=agosto11 de xaneiro de 20182012 }}, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico.</ref>
 
Un ano posterior é o Real Decreto 111/86, de 10 de xaneiro, do Patrimonio Histórico Español, que vén desenvolver parcialmente a antedita Lei 13/85. Non introduce maior novidade, sen achegar ferramentas de financiamento nin divulgación efectivas encamiñadas á conservación do patrimonio.<ref>[http://www.coag.es/normativa/archivos/310/310.pdf Real Decreto 111/86], do 10 de xaneiro, do Patrimonio Histórico Español.</ref> O mesmo camiño segue a súa modificación do ano [[2002]].<ref>[http://www.coag.es/normativa/archivos/312/312.pdf Real Decreto 162/2002], do 8 de febreiro, polo que se modifica o artigo 68 do Real Decreto 111/86, do 10 de xaneiro, do Patrimonio Histórico Español.</ref> Os hórreos e cabazos de Asturias e Galicia con máis de cen anos de antigüidade están exentos do pagamento do [[Imposto sobre Bens Inmobles]] (artigo 62).