Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Chámome Félix Longueira Fafián. Nacín na Coruña en 1980. Son licenciado en Historia da Arte pola USC (2003) e profesor de Xeografía e Historia no ensino secundario desde o 2..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de abril de 2019 ás 09:07

Chámome Félix Longueira Fafián. Nacín na Coruña en 1980. Son licenciado en Historia da Arte pola USC (2003) e profesor de Xeografía e Historia no ensino secundario desde o 2004. Na actualidade, teño destino no IES Otero Pedrayo da Coruña. Creo que podo botar unha man en eidos como a historia, a arte, a literatura (son lector vicioso), a política e o sindicalismo (son militante do BNG e da CIG), a educación e o ciclismo. En canto a idiomas, o castelán é a miña lingua materna, aínda que hai moitos anos que virei monolingüe en galego. Doume co inglés (C1), co portugués (B2) e o italiano (B1). Consulto a Wikipedia de toda a vida, mais como editor non me din de alta até febreiro de 2019. Fixen contribucións nos seguintes artigos da Galipedia:

  • Heinrich Boll
  • Opinións dun pallaso.
  • Bloque Nacionalista Galego.
  • Ana Pontón.