Haití: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Novo primeiro ministro |
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14) |
||
Liña 51:
A '''República de Haití''' é un país do [[Caribe (rexión)|Caribe]], na parte occidental da illa [[A Española]], limitando, xa que logo, con [[República Dominicana]] polo leste; ao norte ten o [[Océano Atlántico]] e ao sur e ao oeste ten o [[Mar Caribe]]. O seu territorio comprende igualmente a illa [[La Gonâve]], a [[illa da Tartaruga]], o arquipélago das [[illas Cayemites]] e a [[illa de Vaches]], así como outros diversos illotes. A inhabitada illa de La Navasse é reclamada por Haití ante a administración dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. A súa área total é de 27.750 km cadrados, albergando unha poboación de 10 033 000 habitantes ([[2009]]).<ref>[http://www.un.org/esa/population/publications/wpp2008/wpp2008_text_tables.pdf World Population Prospects, Table A.1. Nacións Unidas]</ref>. A súa capital e cidade máis importante é [[Porto Príncipe]].
Haití é unha antiga colonia francesa, foi o primeiro país en [[Latinoamérica]] en declarar a súa independencia e o segundo do continente tras [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Accedeu á independencia tras un [[Revolución Haitiana|proceso revolucionario]] de carácter [[abolicionismo|abolicionista]] iniciado en [[1791]] que desembocou nunha prolongada loita armada contra [[Francia]], a potencia [[colonialismo|colonizadora]] desde finais do [[século XVII]]. Este proceso converteu a Haití, cuxa base étnica da poboación ten nun 95% a súa orixe en habitantes da [[África subsahariana]], en escenario do primeiro caso na [[Historia]] de [[escravitude|escravos]] que se emancipan deste xeito. Este episodio é especificamente lembrado polas [[Nacións Unidas]] mediante a Resolución 29/C40, que constitúe o ''[[Día internacional do recordo da trata negra e da súa abolición]]'' o [[23 de agosto]],<ref>
Haití está constituído en forma de [[república semipresidencialista]] segundo a Constitución aprobada en [[1987]], pero cuxa vixencia ficou suspendida dende aquela en varias ocasiones pola violencia, particularmente tralo golpe de estado militar de [[1991]] e a crise de 2004, onde interviñeron as [[Nacións Unidas]] mediante o destacamento da Misión de Estabilización das Nacións Unidas en Haití (MINUSTAH). Tras un proceso electoral tutelado pola [[comunidade internacional]] en [[2006]], o [[Xefe do Estado]], escolleito por sufraxio universal, é [[René Préval]] mentres que a [[Asemblea Nacional de Haití]] designou no [[2009]] a [[Jean-Max Bellerive]] como [[primeiro ministro]].
|