Estadio Anxo Carro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5047038 de 83.34.168.236 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 26:
Foi inaugurado durante a segunda etapa do Lugo en [[Terceira división española|Terceira División]], con capacidade para 7.000 espectadores. A data de apertura deste estadio, que substituía ao antigo Anxo Carro (ou ''"campo de los Miñones"'') situado na zona da Praza de Viana do Castelo, foi o [[31 de agosto]] de [[1974]]. Para a súa inauguración disputouse un torneo triangular no que participaron, xunto ao Lugo, o [[Club Lemos]] e o [[Deportivo de La Coruña|Deportivo]]. O CD Lugo venceu aos de [[Monforte de Lemos|Monforte]] na quenda de [[penalti]]s e perdeu a final cos [[A Coruña|herculinos]] por 1-0.
 
No ano [[2001]] o estadio foi remodelado e modernizado,<ref>[{{Cita web |url=http://www.miliarium.com/anci/ANCInforma/ANCInforma01.pdf |título=ACNInforma. Remodelación do Estadio Anxo Carro de Lugo]{{Ligazón morta|data-acceso=agosto15 de 2018febreiro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20131213100913/http://www.miliarium.com/anci/ANCInforma/ANCInforma01.pdf |dataarquivo=13 de decembro de 2013 |urlmorta=si }}</ref> xa que se atopaba nun estado de semi-ruína e desmellorado por sucesivas obras sen moita planificación. O proxecto de mellora foi deseñado polos [[arquitecto]]s José Arias, Santiago Catalán e Eduardo Herráez, que levaron a cabo unha remodelación das tres bancadas existentes, con cadeiras para tódolos seareiros, da planta baixa e creáronse novas fachadas, entre outras reformas. Co novo aspecto o estadio gañaba en instalacións, superiores á media da categoría na que militaba o equipo no momento ([[Segunda División B española|Segunda B]]) mais perdía en capacidade, descendendo esta a 4.800 espectadores. O [[3 de xaneiro]] de [[2007]] disputouse a final da [[Copa Xunta de Galicia 2006]], que enfrontou ao [[CD Lugo]] e ao [[Celta de Vigo]] (2-3).
 
En [[2013]], tralo ascenso á [[Segunda División española|Segunda División]] do Lugo, foi colocada o [[8 de xuño]] unha bancada supletoria con capacidade para 2.292 espectadores no fondo para recibir á [[SD Ponferradina|Ponferradina]], que ficaría finalmente de forma permanente. No verán dese mesmo ano, o estadio foi reformado para cubir a maioría do asentos e aumentar a bancada de tribuna, conseguindo xunto coa mencionada bancada supletoria unha capacidade próxima aos 8.000 espectadores. O primeiro cheo do estadio tralas obras de ampliación rexistrouse o [[3 de maio]] do ano seguinte co partido entre o [[CD Lugo]] e o [[Deportivo da Coruña]] (2-2).<ref>{{Cita web |url=http://www.galiciae.com/nova/329447-derbi |título=Derbi para todos |data-acceso=03 de maio de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140504023341/http://www.galiciae.com/nova/329447-derbi |dataarquivo=04 de maio de 2014 |urlmorta=si }}</ref>