Célula de Schwann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m arranxos urlmorta
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 13:
As células de Schwann mielinizantes dos mamíferos empezan a formar a vaíña de mielina durante o desenvolvemento fetal e actúan enrolándose en espiral arredor do axón, ás veces dando 100 voltas. Unha célula de Schwann ben desenvolvida ten a forma dunha folla de papel enrolada, con capas de mielina entre cada volta. As capas internas desta envoltura, que son predominantemente material da [[parede celular|membrana celular]], forman a vaíña de mielina, entanto que as capas máis externas do [[citoplasma]] nucleado forman o [[neurilema]]. Só un pequeno volume de citoplasma residual comunica as capas internas e externas, que nalgunhas zonas forma incisuras na mielina chamadas [[incisura de Schmidt-Lantermann|incisuras de Schmidt-Lanterman]] (ver debuxo da dereita).
 
Desde 2001 varios estudos experimentais implantaron células de Schwann intentando inducir a remielinización en casos de [[esclerose múltiple]].<ref>{{Cita novas | url=http://www.findarticles.com/p/articles/mi_m0850/is_4_19/ai_79957646 | work=Inside MS | title=First surgical transplant attempted to repair myelin - News - Brief Article | year=2001 | urlmorta=si | dataarquivo=21 de setembro de 2008 | urlarquivo=httphttps://web.archive.org/web/20080921142655/http://www.findarticles.com/p/articles/mi_m0850/is_4_19/ai_79957646 | dataacceso=11 de setembro de 2011 }}</ref> Nas últimas dúas décadas, moitos estudos demostraron resultados positivos e a posibilidade de utilizar o trasplante de células de Schwann como terapia para reparar danos na medula espiñal, axudando ao recrecemento e mielinación dos axóns danados no [[sistema nervioso central]].<ref>{{Cita publicación periódica|doi=10.1089/neu.2006.23.453 |title=Schwann Cell Transplantation for Repair of the Adult Spinal Cord |year=2006 |last1=Oudega |first1=Martin |last2=Xu |first2=Xiao-Ming |journal=Journal of Neurotrauma |volume=23 |issue=3–4 |pmid=16629629}}</ref> De feito, unha función ben coñecida das células de Schwann é a de axudar á [[rexeneración dos nervios]].<ref>{{Cita publicación periódica |pages=1995–9 |doi=10.1016/j.biocel.2006.05.007 |title=Schwann cells: Origins and role in axonal maintenance and regeneration |year=2006 |last1=Bhatheja |first1=Kanav |last2=Field |first2=Jeffrey |journal=The International Journal of Biochemistry & Cell Biology |volume=38 |issue=12}}</ref> Os nervios do sistema nervioso periférico conteñen xeralmente moitos axóns mielinizados polas células de Schwann. Se o nervio sofre danos, as células de Schwann axudan á dixestión de ditos axóns ([[fagocitose]]). Despois disto, as células de Schwann poden dirixir a rexeneración do nervio formando unha especie de túnel que guía o crecemento do nervio cara ás neuronas diana coas que se debe establecer a [[sinapse]]. O extremo roto do axón danado pode formar novas ramas, que medran seguindo o "túnel" formado polas células de Schwann a unha velocidade de aproximadamente 1mm/día en condicións axeitadas. O ritmo de rexeneración diminúe co tempo. Os axóns que realizan este proceso con éxito poden reconectar cos músculos ou órganos aos que eles se encargaban de controlar previamente grazas á axuda das células de Schwann; porén, a especificidade non sempre se mantén e son frecuentes os erros na reconexión, especialmente cando os órganos diana están a gran distancia.<ref>Carlson, Neil R. Physiology of Behavior, 9th ed. USA: Pearson Education, Inc., 2007.</ref>
Se ás células de Schwann se lles impide asociarse cos axóns, o axón morre. Os axóns rexenerados non poderán alcanzar ningunha diana se as células de Schwann non está alí para axudalos nesa tarefa, servindo como guías. Demostrouse que van por diante do [[cono de crecemento]] do axón.
As células de Schwann son esenciais para manter os axóns sans. Producen diversos factores, como as [[neurotrofina]]s, e tamén transfiren a través dos axóns moléculas esenciais.