Rage Against the Machine: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 15:
 
'''Rage Against the Machine''' (escrito moitas veces como '''RAtM''') foi unha banda de [[rap metal]] e [[funk metal]] formada nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] no ano [[1991]]. Estivo formada durante toda a súa traxectoria por: [[Zack de la Rocha]] (voz), [[Tom Morello]] ([[guitarra]]), [[Tim Commerford]] ([[baixo]]) e [[Brad Wilk]] ([[batería (instrumento musical)|batería]]). En abril de 2007, coincidindo coa disolución de [[Audioslave]], anunciaron o seu regreso no festival de música de [[Coachella Valley Music and Arts Festival|Coachella]] en [[California]]. A raíz disto, a banda continuou dando concertos en varios festivais ata que finalmente se separou no ano [[2011]].
 
Rage Against the Machine editou o seu primeiro álbum, [[Rage Against the Machine (álbum)|''Rage Against the Machine'']], no ano [[1992]] cun gran éxito comercial e da crítica, conseguindo un espazo no festival de [[Lollapalooza]] de [[1993]]. En [[2003]], o álbum foi listado no número 368 da lista da ''[[Rolling Stone]]'' dos 500 mellores álbums de todos os tempos. O seu segundo disco, ''[[Evil Empire]]'', foi publicado en [[1996]]. O terceiro, ''[[The Battle of Los Angeles]]'', apareceu en [[1999]], e en 2003 foi listado no número 426 da anterior lista. Durante os seus primeiros nove anos de carreira converteuse nunha das bandas máis populares e influíntes da historia da música.<ref>Devenish, Colin (2001), ''Rage Against the Machine'': St. Martin's Griffin ISBN 0-312-27326-6</ref> Tamén foron situados no número 33 da lista de [[VH1]] dos 100 mellores artistas de hard rock. A banda tivo unha gran influencia no xénero do [[nu metal]] aparecido durante a segunda metade dos 90.
 
== Características ==