Brasil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 119:
Tras ser aprobada polos consellos municipais de todo o país, o [[25 de marzo]] de [[1824]] promúlgase a primeira Constitución brasileira.<ref>{{cita libro|autor=Murilo de Carvalho, José|título=A Monarquia brasileira|localización=Río de Xaneiro|editorial= Ao Livro Técnico|ano= 1993|páxina=23}}</ref> O [[7 de abril]] de [[1831]], Pedro I [[abdicación|abdica]] cando regresou a Europa para [[Guerra Civil portuguesa|recuperar]] o trono da súa familia para a súa filla [[María II de Portugal|María]], deixando ao seu fillo de cinco anos, [[Pedro II do Brasil|Pedro II]], como sucesor. Como o novo emperador non podía exercer as súas funcións debido á súa idade, creouse unha [[rexencia]]. As disputas entre distintas faccións políticas levaron a unha rexencia inestable, na que houbo rebelións chegando case a adoptarse o [[anarquismo]].<ref>{{cita libro|autor=Dohlnikoff, Miriam|título= Pacto imperial: origens do federalismo no Brasil do século XIX|localización= São Paulo|editorial= Globo|ano= 2005|páxina=206}}</ref> Aínda que os grupos rebeldes non estaban en contra da [[monarquía]], algúns declararon a [[independencia]] das súas provincias formando novas repúblicas independentes mentres [[Pedro II do Brasil|Pedro II]] fose incapaz de gobernar. Os casos máis notorios foron o da [[República Rio-Grandense]] (hoxe Estado de [[Río Grande do Sur]]) e [[República Xuliana]] (hoxe [[Santa Catarina, Brasil|Santa Catarina]]) os cales, por medio da guerra dos Farrapos, proclamaron a súa [[Secesión (política)|secesión]] do [[Imperio brasileiro]].<ref>{{cita libro|autor=De Laytano, Dante|data= 1983|título= História da República Rio-Grandense (1835-1845)|localización= Porto Alegre|editorial= Editora Sulina|páxina= 248}}</ref>
 
Debido a todas estas circunstancias, Pedro II foi declarado emperador prematuramente aos catorce anos. A partir de aí, o Brasil gozou de varias décadas de estabilidade política e rápido progreso económico, sendo o seu principal recurso a agricultura, onde o [[café]] era principal produto exportado, chegando presentar unha expansión deste negocio do 900%. Ademais, construíse durante o seu reinado unha ampla rede [[ferrocarril|ferroviaria]], sendo así o segundo país [[América Latina|latinoamericano]] en implantar este tipo de transporte. A nivel bélico, chegou mesmo a posuír a cuarta maior [[Armada (mariña)|armada]] do mundo.<ref>{{cita web|autor=Castro, André Augusto|url=http://www.secom.unb.br/unbagencia/ag0403-03.htm|título=As veias abertas da América do Sul|editor=Universidade de Brasília|data=[[2 de abril]] de [[2003]]|dataacceso=[[29 de agosto]] de [[2013]]}}{{Ligazón morta|dataurlarquivo=agostohttps://web.archive.org/web/20110519222615/http://www.secom.unb.br/unbagencia/ag0403-03.htm|dataarquivo=19 de 2018maio de 2011|urlmorta=si}}</ref>
[[Ficheiro:Railroad station brazil 1885.jpg|miniatura|esquerda|Estación de ferrocarril pertencente á liña de Minas-Río, durante o Imperio, na provincia de [[São Paulo]] ([[1885]]).]]
Durante os 59&nbsp;anos de reinado de Pedro II, o Brasil saíu ben parado de tres guerras internacionais: a [[Guerra Grande|guerra grande]], a guerra contra Aguirre e a [[guerra da Tripla Alianza]], ademais de testemuñar a consolidación da [[democracia]] representativa, grazas sobre todo á realización de sucesivas [[eleccións]] e á [[liberdade de prensa]]. O proceso para extinguir a [[escravitude]] foi moito máis lento, ora que constante. Comezou en [[1850]] coa fin do tráfico internacional de escravos, mais a pesar dos efectos políticos e económicos decorrentes da derrota dos [[Estados Confederados de América|Estados Confederados]] na [[Guerra civil estadounidense|guerra civil americana]] durante a década de [[1860]], non foi até [[1888]], após dun longo proceso de mobilización interna e de debate para a quitar lexitimidade moral e legal á escravitude, que esta foi formalmente abolida.