Molécula: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta13)
Liña 78:
* [[enlace metálico|enlaces metálicos]]: existen entre átomos metálicos. Por exemplo, os átomos de [[cobre]] que forman un ferro deste material están unidos por enlaces metálicos.
 
Os enlaces químicos que forman as moléculas da inmensa maioría de compostos orgánicos son [[enlace covalente|covalentes]]. Nos compostos inorgánicos, hai enlaces [[enlace iónico|iónicos]] e de donadordoador-aceptor, que resultan da interacción entre un par de electróns dos átomos. A enerxía de formación das moléculas a partir de átomos é aproximadamente aditiva. Isto significa que se pode asumir que a enerxía das moléculas é igual á suma das enerxías dos seus enlaces.
 
Con todo, non sempre é así. Un exemplo de moléculas que non cumpren a regra da aditividade son as moléculas orgánicas planas con enlaces [[sistema conxugado|conxugados]], é dicir, cunha alternancia de enlaces simples e enlaces múltiples. A forte deslocalización dos estados dos electróns estabiliza a molécula.
 
Na maioría de casos, o [[spin]] total dos electróns de valencia dunha molécula é cero. As moléculas con electróns non apareados ([[Radical (química)|radicais libres]] como o [[hidróxeno]] monoatómico ou o grupo [[metil]], [[carbono|C]][[hidróxeno|H]]<sub>3</sub>) adoitan ser inestables, xa que cando interaccionan prodúcese unha redución importante de enerxía debido á formación de enlaces covalentes.<ref name="Exrx">{{Cita web|título= Free Radical Introduction |editor= ExRx.net |dataacceso= 26 maio 2013 | url = http://www.exrx.net/Nutrition/Antioxidants/Introduction.html}}</ref>
 
== Interaccións intermoleculares ==
{{Artigo principal|Forza intermolecular}}