Segrel: Diferenzas entre revisións

nobre de máis baixa escala que o trobador
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: " O '''segrel''' (se.grel '''sm''' / do provenzal segrer) era un nobre de máis baixa escala que o trobador e que aceptaba diñeiro pola interpretación das súas composicións..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de abril de 2019 ás 16:12

O segrel (se.grel sm / do provenzal segrer) era un nobre de máis baixa escala que o trobador e que aceptaba diñeiro pola interpretación das súas composicións. É unha figura exclusiva da escola galego-portuguesa, xa que non existe nas demais literaturas europeas da época. A diferenciación entre segrel e xograr non está clara, é por isto que se pensa que o termo segrel facía referencia a músicos máis exitosos que os xograres, xa que eran fidalgos que andaban de cidade en cidade presentando as súas composicións.

Historia

Non se sabe moito sobre esta figura da literatura galego-portuguesa. Os estudos afirman que eran persoas de orixe nobre, e polo tanto con acceso a educación. A súa posición permitíalles posuír cabalos e facer máis viaxes ás principais cidades da época para a presentación dos seus traballos. Mesmo existía unha especie de tarifa nas cidades de destino que, no caso dun xograr ou dun segrel o bastante adiñeirado como para dispor de montura, podía ascender ata os cen marabedís. O segrel, aínda que de orixe nobre, carecía de recursos suficientes para ascender a cabaleiro e, polo tanto, procuraba a súa subsistencia de castelo en castelo, entretendo á alta nobreza. Co auxe das cidades chegou tamén un incremento no número de poetas de orixe nobiliario fronte aos xograres. Esta situación provocou na lírica galego-portuguesa a aparición de dous puntos de vista enfrontados. Por unha banda estaban os trobadores e os segreles, que posuían unha maior conciencia clasista e, por outra, os xograres, os cales defendían unha reivindicación do seu oficio. Existía unha forte competencia entre trobadores, xograres e segreles, especialmente no referente á calidade das composicións e ás retribucións económicas a percibir. Cando os primeiros vían perigar a súa arte podían negarlles os pagos aos segundos se estes ousaban compoñer.

Críticas

A miúdo o termo segrel era empregado como un insulto ou menosprezo para referirse a outro trobador ou personalidade pública, especialmente nas cantigas de escarnio. Pero da Ponte compuxo unha cantiga deste tipo na que trata a Bernal de Bonaval de “segrel”:

“mais vós, que tod´entendedes quant´entendede bon segrel [...] pera que demo queredes puta que nonha mester?”

Bonaval a miúdo iba acompañado de malas mulleres, o cal non lle concedeu boa fama nas cortes reais. Nunha tenzón entre Joán Soárez e Picandón menciónase:

“Joán Soárez, por me deostarden non perç’eu por eso mia jograria; e a vós, senhor, mehor estaría d’a tod’home de segrel ben buscardes”

Exemplos de cantigas compostas por segreles

  • Bernal de Bonaval:
    Ai Deus! e quem mi tolherá
    gram coita do meu coraçom
    no mundo, pois mia senhor nom
    quer que eu perça coita já?
    E direi-vos como nom quer:
    leixa-me, sem seu bem, viver
    coitad'; e se mi nom valer
    ela, que mi pode valer,
 
    no mund'outra cousa nom há
    que me coita nulha sazom
    tolha, se Deus ou morte nom,
    ou mia senhor, que nom querrá
    tolher-ma. E pois eu hoer
    por mia senhor mort'a prender,
    Deus, meu Senhor, se lhi prouguer,
    mi a leix'ant'ũa vez veer.
 
    E se mi Deus quiser fazer
    este bem, que m'é mui mester,
    de a veer, pois eu poder
    veer o seu bom parecer,
    por en gram bem mi per fará
    – se m'El mostrar ũa razom,
    de quantas end'eu cuid'acá
    a dizer, que lhi diga entom.
  • Pero da Ponte:
    María Pérez, a nossa cruzada,
    quando veo da terra d’Ultramar,
    assí veo de pardón carregada
    que se non podía con el emerger;
    mais furtan-lho, cada u vai maer,
    e do perdón ja non lhi ficou nada.
    E o perdón é cousa mui preçada
    e que se devía muit’a guardar;
    mais ela non ha maeta ferrada
    en que o guarde, nen a pod’haver,
    ca, pois o cadead’én foi perder,
    sempr’a maeta andou descadeada.
    Tal maeta como será guardada,
    pois rapazes albergan no logar,
    que non haja seer mui trastornada?
    Ca, o logar u eles han poder,
    non ha pardón que s’i possa asconder,
    assí saben trastornar a pousada!
    E outra cousa vos quero dizer:
    atal pardón ben se dev’a perder,
    ca muito foi cousa mal ganhada.

Véxase tamén

Bibliografía