Fantasía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: +control autoridades using AWB
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:The_Enchanted_Garden_of_Messer_Ansaldo_by_Marie_Spartali_Stillman_(1889).jpg|miniatura|300px|Os elementos do xénero fantástico atravesan obras moi diversas como o ''[[Decamerón]]'' de [[Boccaccio]], onde se fai referencia a un suposto xardín encantado]]
 
O '''xénero fantástico''', comunmente chamado '''fantasía''', é un xénero artístico de [[ficción]] no cal os elementos principais do argumento son imaxinarios, irreais e sobrenaturais.
Liña 11:
O fantástico é un xénero popular, despois de atopar un lugar para si mesmo en case todas os medios. Aínda que a arte fantástico e recentemente as películas fantásticas foron cada vez máis populares, é a literatura fantástica quen foi sempre o medio primordial do xénero. Así mesmo, os xogos e videoxogos de rol fantástico foron as bases do xénero [[RPG]].
=== Literatura fantástica galega ===
Na literatura galega o elemento fantástico aparecen xa en autores do [[Rexurdimento]] que toman elementos e temática da tradición oral (aparecidos, o [[mal de ollo]], os feitizos e maldicións etc) no [[Literatura galega do período intersecular|período intersecular]] aparecen xa os relatos fantásticos na obra de [[Heraclio Pérez Placer]] ou [[Francisco Álvarez de Nóvoa]]. En 1898 [[Luís Otero Pimentel]] publica a primeira novela fantástica en galego, " A campaña''[[Campaña da caprecórneca"Caprecórneca]]'' con elementos marabillosos e mesmo de [[ficción científica]].
 
No principio do século XX a literatura popular de tradición oral segue fornecendo material tanto a etnógrafos como a literatos que reelaboran as lendas orais de forma culta, como os de [[Vicente Risco]] e [[Ramón Otero Pedrayo]], chegando incluso ata a [[literatura española]] a través de [[Valle-Inclán]] e [[Wenceslao Fernández Flórez]]. Os integrantes da [[Xeración Nós]] cultivaron as narracións macabras de carácter cómico (''[[Un ollo de vidro]]'', ''Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros'', ''O purgatorio de Don Ramiro''). Na obra de [[Rafael Dieste]] tamén aparecen elementos fantásticos ao mesmo tempo que os da xeración Nós, este subxénero seguiría a súa existencia en plena posguerra a través da obra de [[Álvaro Cunqueiro]] e [[Ánxel Fole]], incluso en obras do escritor realista [[Eduardo Blanco Amor]], ''[[Os biosbardos]]''.