Arte de trovar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 11:
==Axentes==
Angelo Colocci (Jesi, 24 de xullo de 1474 - 1 de maio de 1549) viviu en [[Nápoles]], cidade onde é máis que probábel que entrase en contacto coa cultura provenzal. Posteriormente pasou a residir en [[Roma]] (1498-1527) exercendo diferentes cargos de suma importancia (abreviador papal de [[León X, papa|León X]], secretario apostólico)<ref>{{Cita publicación periódica|título=Angelo Colocci|url=https://it.wikipedia.org/w/index.php?title=Angelo_Colocci&oldid=98143232|data=2018-06-26|lingua=it}}</ref>. Estes cargos proporcionáronlle unha gran notoriedade e un poder económico suficientemente grande como para se converter nun coleccionista e anotador de códices provenzais e sicilianos. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional foi concibido por Colocci como un verdadeiro proxecto filolóxico e grazas a el debemos a conservación da maior parte do [[Literatura galego-portuguesa|lirismo galego-portugués]], xa que tamén se lle debe a el a conservación dos textos que se encontran no [[Cancioneiro da Biblioteca Vaticana|Cancioneiro da Vaticana]].<ref name=":0" />
 
A teoría de que a ''Arte de Trovar'' podería estar inspirada polo Conde de Barcelos pertence a [[:it:Giuseppe_Tavani|Giuseppe Tavani]], filólogo da Sapienza de Roma. O Conde de Barcelos (1287-1354), fillo de [[Dinís de Portugal|Don Dinís de Portugal]], foi poeta e trobador. Tivo unha gran relevancia na actividade cultural na súa época e moitas obras da idade media como [[:pt:Genealogia|libros de linaxes]] ou crónicas producíronse grazas a el.<ref>{{Cita publicación periódica|título=Pedro, conde de Barcelos|url=https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pedro,_conde_de_Barcelos&oldid=5039127|data=2019-01-20|lingua=gl}}</ref>
 
==Contidos da ''Arte de Trovar''==