Arte de trovar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa 1525-1526 - 355 f (2 colns, 31-40 lin.) 28 cm.pdf|miniatura|Capa do Cancioneiro Colocci-Brancutti onde se encontra inxerida a poética ''Arte de Trovar''|alt=]]
A '''''Arte de Trovar''''' é o primeiro texto que se encontra no ''[[Cancioneiro da Biblioteca Nacional]]'' (CBN). É un pequeno tratado en prosa que versa sobre a arte galego-portuguesa, de autoría descoñecida. Esta composición resume de forma breve a poética trobadoresca, definindo xéneros e regras que deberían obedecer os [[trobador]]es e os [[xograr]]es.  Esta poética foi elaborada en [[Portugal]] no [[século XIII]] e conservada fragmentariamente no CBN. Pese a que é un texto anónimo hai indicios de que foi escrita ou polo menos inspirada polo conde [[Pedro, conde de Barcelos|Don Pedro de Portugal, conde de Barcelos]].<ref>Tavani (1999)</ref> A organización da poética consiste en catro capítulos que están a súa vez divididos en outros capítulos, como se explicará máis adiante, e encóntrase incompleta, xa que tres capítulos dentro do capítulo primeiro perdéronse.<ref>{{Cita web|url=http://purl.pt/15000/1/index.html#/1/html|páxina-web=Biblioteca Nacional Digital|título=Cancionero da Biclioteca Nacional|data-acceso=02-04-2019}}</ref>
 
==Onde se encontra a ''Arte de Trovar''. Cancioneiro da Biblioteca Nacional ==
A ''Arte de Trovar'' é un tratado de poética medieval que se pode encontrar non como obra individual senón como prefacio no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa como xa foi explicado anteriormente. Aínda que se encontre acompañada por máis obras a poética non ten unha relación inherente cos demais textos recollidos no Cancioneiro, só foron encontrados e recompilados polo mesmo humanista.
 
O Cancioneiro da Biblioteca Nacional tamén é coñecido como Cancioneiro Colocci-Brancutti, por ser copiado por orde do [[Humanismo renacentista|humanista]] [[:it:Angelo_Colocci|Angelo Colocci]] (1474-1549) e ser descuberto na biblioteca do conde Paolo Brancutti di Cagli. B é o máis importante dos tres documentos que conforman a lírica medieval profana galego-portuguesa ([[Cancioneiro da Ajuda]], [[Cancioneiro da Biblioteca Vaticana|Cancioneiro da Vaticana]]). A día de hoxe está composto por 355 follas de papel, de medidas 280 x 210 mm, e contén arredor de 1560 composicións da autoría duns 150 autores. O texto está escrito en tinta negra, sen cores e está disposto en dúas columnas. As composicionescomposicións están numeradas por Colocci, de 1 a 1664. Hai probas de que traballaron até seis copistas diferentes, ademais das do propio Colocci. Cinco deles utilizaron variedades gótico-bastardas e un só, o que podemos denominar “copista principal”, tanto pola cantidade de textos como pola calidade “filolóxica” da copia, utilizou a cursiva itálica chanceleresca. É posíbel que ningún deles fose italiano xa que, en xeral, revelan unha orixe e mais unha educación gráfica ibéricas.
 
O Cancioneiro contiña orixinalmente unhas 1.700 [[cantiga]]s, pero debido a accidentes materiais contén 250 composicións. É notoria a extensa presenza de elementos extratextuais que son de gran axuda para o estudo da nosa lingua e da nosa tradición manuscrita. O [[manuscrito]] tamén está composto por cinco anónimos [[Lai|lais de Bretaña]]. O [[códice]] foi descuberto no ano [[1875]] por [[:it:Costantino_Corvisieri|Constantino Corvisieri]], un historiador, archivista, [[Numismática|numismático]], paleógrafo e coleccionista romano<ref>{{Cita publicación periódica|título=Costantino Corvisieri|url=https://it.wikipedia.org/w/index.php?title=Costantino_Corvisieri&oldid=102006770|data=2019-01-09|lingua=it}}</ref>. Desde 1880 o manuscrito pertenceu ao filólogo [[:it:Ernesto_Monaci|Ernesto Monaci]]. Foi posto a venda polos seus herdeiros, e en [[1924]] foi comprado polo goberno portugués e conservado desde entón na [[Biblioteca Nacional de Portugal|Biblioteca Nacional de Lisboa]].<ref name=":0">Pena (2002)</ref>
 
==Axentes==