Diferenzas entre revisións de «Adolfo Suárez»

O [[15 de xuño]] de [[1977]] celebráronse as [[Eleccións Xerais 1977 en España|eleccións xerais de 1977]], as primeiras democráticas en España dende [[1936]]. Adolfo Suárez resultou vencedor, á fronte dun grupo de partidos de centrodereita baixo o nome de UCD ([[Unión de Centro Democrático]]). As Cortes saídas desas eleccións, aprobaron a Constitución de [[1978]] que sairía a referendo popular o [[6 de decembro]].
 
O [[3 de marzo]] de [[1979]] tiveron lugar as [[Eleccións Xerais 1979 en España|eleccións xerais de 1979]], que volveu gañar UCD, iniciando Suárez o seu terceiro mandato. Esta etapa estivo chea de dificultades políticas, sociais e económicas, que o levaron a presentar a súa dimisión o [[29 de xaneiro]] de [[1981]]. Na mensaxe ao país dixo:<blockquote>''Eu non quero que o sistema democrático de convivencia sexa, unha vez máis, unha paréntese na Historia de España''{{cómpre referencia}}</blockquote>
 
Pouco despois de dimitir creou con outros ex dirixentes da UCD o partido Centro Democrático y Social (CDS), co que se presentou as eleccións do [[28 de outubro]] de [[1982]], sendo elixido deputado por [[Madrid]]. Revalidou o escano nas eleccións seguintes até que en [[1991]] dimitiu como dirixente do CDS.
 
== Vida persoal ==
Segundo diversas fontes, tería sido durante un tempo membro do [[Opus Dei]].<ref>{{cita libro |título=Los que le llamábamos Adolfo |nome=Luis |apelidos=Herrero |editorial=La Esfera de los Libros |ano=2007 |isbn=9788497346641 |páxina=97}}</ref>
68.167

edicións