Arte de trovar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
O Cancioneiro da Biblioteca Nacional tamén é coñecido como Cancioneiro Colocci-Brancutti, por ser copiado por orde do [[Humanismo renacentista|humanista]] [[Angelo Colocci]] (1474-1549) e ser descuberto na biblioteca do conde Paolo Brancutti di Cagli. B é o máis importante dos tres documentos que conforman a lírica medieval profana galego-portuguesa ([[Cancioneiro da Ajuda|Cancioneiro de Ajuda]], [[Cancioneiro da Biblioteca Vaticana|Cancioneiro da Vaticana]]). A día de hoxe está composto por 355 follas de papel, de medidas 280 x 210 mm, e contén arredor de 1560 composicións da autoría duns 150 autores. O texto está escrito en tinta negra, sen cores e está disposto en dúas columnas. As composiciones están numeradas por Colocci, de 1 a 1664. Hai probas de que traballaron até seis copistas diferentes, ademais das do propio Colocci. Cinco deles utilizaron variedades gótico-bastardas e un só, o que podemos denominar “copista principal”, tanto pola cantidade de textos como pola calidade “filolóxica” da copia, utilizou a cursiva itálica chanceleresca. É posíbel que ningún deles fose italiano xa que, en xeral, revelan unha orixe e mais unha educación gráfica ibéricas.
 
O Cancioneiro contiña orixinalmente unhas 1.700 [[Cantiga|cantigas]], pero debido a accidentes materiais contén 250 composicións. É notoria a extensa presenza de elementos extratextuais que son de gran axuda para o estudo da nosa lingua e da nosa tradición manuscrita. O [[manuscrito]] tamén está composto por cinco anónimos [[Lai|lais de Bretaña]]. O [[códice]] foi descuberto no ano [[1875]] por Constantino Corvisieri. Desde 1880 o manuscrito pertenceu ao filólogo Ernesto Monaci. Foi posto a venda polos seus herdeiros, e en [[1924]] foi comprado polo goberno portugués e conservado desde entón na [[Biblioteca Nacional de Lisboa]].<ref name=":0">Pena (2002)</ref>
==Axentes==
Angelo Colocci viviu en [[Nápoles]], cidade onde é máis que probábel que entrara en contacto coa cultura provenzal. Posteriormente pasou a residir en [[Roma]] (1498-1527) exercendo diferentes cargos de suma importancia (abreviador papal, secretario apostólico). Estes cargos proporcionáronlle unha gran notoriedade e un poder económico suficientemente grande como para se converter nun coleccionador e anotador de códices provenzais e sicilianos. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional foi concibido por Colocci como un verdadeiro proxecto filolóxico e grazas a el debemos a conservación da maior parte do [[Literatura galego-portuguesa|lirismo galego-portugués]], xa que tamén lle debemos a el a conservación dos textos que se encontran no [[Cancioneiro da Biblioteca Vaticana|Cancioneiro da Vaticana]].<ref name=":0" />