Arte de trovar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Cancioneiro da Biblioteca Nacional.jpg|miniatura|295x295px|Páxina do CBN]]
 
=='''Onde se encontra a ''Arte de Trovar''. Cancioneiro da Biblioteca Nacional''' ==
A ''Arte de Trovar'' é un tratado de poética medieval que se pode encontrar non como obra individual senón como prefacio no [http://purl.pt/15000 Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa] como xa foi explicado anteriormente. Aínda que se encontre acompañada por máis obras a poética non ten unha relación inherente cos demais textos recollidos no Cancioneiro, só foron encontrados e recompilados polo mesmo humanista.
 
Liña 9:
O Cancioneiro contiña orixinalmente unhas 1700 cantigas, pero debido a accidentes materiais contén 250 composicións. É notoria a extensa presenza de elementos extratextuais que son de gran axuda para o estudo da nosa lingua e da nosa tradición manuscrita. O manuscrito tamén está composto por cinco anónimos lais de Bretanha. O códice foi descuberto no ano 1875 por Constantino Corvisieri. Desde 1880 o manuscrito pertenceu ao filólogo Ernesto Monaci. Foi posto a venda polos seus herdeiros, e en 1924 foi comprado polo goberno portugués e conservado desde entón na Biblioteca Nacional de Lisboa.<ref name=":1">{{Cita libro|título=Historia da literatura medieval galego portuguesa|apelidos=Ramón Pena|nome=Xosé|editorial=Sotelo Blanco|ano=2002|ISBN=84-7824-399-2|ref=}}</ref>
 
=='''Axentes'''==
Angelo Colocci viviu en Nápoles, cidade onde é máis que probábel que entrara en contacto coa cultura provenzal. Posteriormente pasou a residir en Roma (1498-1527) exercendo diferentes cargos de suma importancia (abreviador papal, secretario apostólico). Estes cargos proporcionáronlle unha gran notoriedade e un poder económico suficientemente grande como para se converter nun coleccionador e anotador de códices provenzais e sicilianos. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional foi concibido por Colocci como un verdadeiro proxecto filolóxico e grazas a el debemos a conservación da maior parte do [[Literatura galego-portuguesa|lirismo galego-portugués]], xa que tamén lle debemos a el a conservación dos textos que se encontran no Cancioneiro da Vaticana.<ref name=":1" />
 
=='''Contidos da ''Arte de Trovar'''''==
=== '''Análise do texto''' ===
É importante destacar, como xa se adiantou na introducción, que hai tres capítulos do ''Arte de Trova''r que se perderon. Os capítulos tamén teñen unha ordenación difícil de entender, pero poderían ser clasificados da forma que segue: