Arte de trovar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''Arte de Trovar''' é o primeiro texto que encontramos no [[Cancioneiro da Biblioteca Nacional|''Cancioneiro da Biblioteca Nacional'' (CBN)]]. É un pequeno tratado en prosa que versa sobre a arte galego-portuguesa, de autoría descoñecida. Esta composición resume de forma breve a poética trobadoresca, definindo xéneros e regras que deberían obedecer os trobadores e os xograres.  Esta poética foi elaborada en Portugal no século XIII e conservada fragmentariamente no CBN. Pese a que é anónimo hai indicios de que foi escrita ou polo menos inspirada polo conde [[Pedro, conde de Barcelos|Don Pedro de Portugal, conde de Barcelos]]. A organización da poética non é moi clara e encóntrase  incompleta. [[Ficheiro:Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa 1525-1526 - 355 f (2 colns, 31-40 lin.) 28 cm.pdf|miniatura|Capa do Cancioneiro Colocci-Brancutti onde se encontra inxerido a poética ''Arte de Trovar'']]
[[Ficheiro:Cancioneiro da Biblioteca Nacional.jpg|miniatura|295x295px|Páxina do CBN]]
 
Liña 7:
A Arte de Trovar é un tratado de poética medieval que se pode encontrar non como obra individual senón como prefacio no [http://purl.pt/15000 Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa] como xa foi explicado anteriormente. Aínda que se encontre acompañada por máis obras a poética non ten unha relación inherente cos demais textos recollidos no Cancioneiro, só foron encontrados e recompilados polo mesmo humanista.
 
O Cancioneiro da Biblioteca Nacional tamén é coñecido como Cancioneiro Colocci-Brancutti, por ser copiado por orde do humanista Angelo Colocci (1474-1549) e ser descuberto na biblioteca do conde Paolo Brancutti di Cagli. B é o máis importante dos tres documentos que conforman a lírica medieval profana galego-portuguesa ([[Cancioneiro da Ajuda|Cancioneiro de Ajuda]], [[Cancioneiro da Biblioteca Vaticana|Cancioneiro da Vatican]]<nowiki/>a). A día de hoxe está composto por 355 follas de papel, de medidas 280 x 210 mm, e contén arredor de 1560 composicións da autoría duns 150 autores. O texto está escrito en tinta negra, sen cores e está disposto en dúas columnas. As composiciones están numeradas por Colocci, de 1 a 1664. Hai probas de que traballaron até seis copistas diferentes, ademais das do propio Colocci. Cinco deles utilizaron variedades gótico-bastardas e un só, o que podemos denominar “copista principal”, tanto pola cantidade de textos como pola calidade “filolóxica” da copia, utilizou a cursiva itálica chanceleresca. É posíbel que ningún deles fose italiano xa que, en xeral, revelan unha orixe e mais unha educación gráfica ibéricas.
 
O Cancioneiro contiña orixinalmente unhas 1700 cantigas, pero debido a accidentes materiais contén 250 composicións. É notoria a extensa presenza de elementos extratextuais que son de gran axuda para o estudo da nosa lingua e da nosa tradición manuscrita. O manuscrito tamén está composto por cinco anónimos lais de Bretanha. O códice foi descuberto no ano 1875 por Constantino Corvisieri. Desde 1880 o manuscrito pertenceu ao filólogo Ernesto Monaci. Foi posto a venda polos seus herdeiros, e en 1924 foi comprado polo goberno portugués e conservado desde entón na Biblioteca Nacional de Lisboa.<ref name=":1">{{Cita libro|título=Historia da literatura medieval galego portuguesa|apelidos=Ramón Pena|nome=Xosé|editorial=Sotelo Blanco|ano=2002|ISBN=84-7824-399-2|ref=}}</ref>
 
=='''Axentes'''==
Angelo Colocci viviu en Nápoles, cidade onde é máis que probábel que entrara en contacto coa cultura provenzal. Posteriormente pasou a residir en Roma (1498-1527) exercendo diferentes cargos de suma importancia (abreviador papal, secretario apostólico). Estes cargos proporcionáronlle unha gran notoriedade e un poder económico suficientemente grande como para se converter nun coleccionador e anotador de códices provenzais e sicilianos. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional foi concibido por Colocci como un verdadeiro proxecto filolóxico e grazas a el debemos a conservación da maior parte do [[Literatura galego-portuguesa|lirismo galego-portugués]], xa que tamén lle debemos a el a conservación dos textos que se encontran no Cancioneiro da Vaticana.<ref name=":1" />
 
=='''Contidos da Arte de Trovar'''==
Liña 23:
* Terceira parte (cap. I - cap. II): tempo das cantigas, sendo estos referencia ao pasado, presente ou futuro. Tipos de rimas.
* Cuarta parte (cap. I - cap. III): exposición de errores ortográficos recurrentes.
 
<br />
 
==== Análise dos contidos da primeira parte ====