Xosé Pérez Ballesteros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 16:
Ao ser fundada a sociedade [[Folklore Gallego|El Folk-Lore Gallego]] na cidade herculina, o [[25 de febreiro]] de [[1884]], que presidiu [[Emilia Pardo Bazán]], Pérez Ballesteros ingresou nela como vogal da xunta directiva. Nese mesmo ano dedicaría á dita asociación a primeira escolma de entidade sobre a cantiga galega, o ''Cancionero popular gallego'', publicado nos dous anos seguintes.
 
Nos anos sucesivos, desde un punto de vista creativo, publicou só outro libro poético, ''Foguetes'' ([[1888]]), e, de resto, composicións soltas, que apareceron en diversos xornais e revistas, como ''[[El Heraldo Gallego (1874)|El Heraldo Gallego]]'' de [[Ourense]], ''[[Revista de Galicia (1880)|Revista de Galicia]]'' ou ''[[Revista Gallega]]'' da Coruña, en ''[[A Monteira (periódico)|A Monteira]]'' de [[Lugo]] etc. Colaborou con catro poemas na edición políglota de ''[[Lo Gayter del Llobregat]]'' (1888-89), na que participaron outros cinco escritores galegos.<ref>[http://cataleg.ub.edu/record=b1292621~S1*cat Catàleg de les biblioteques de la UB]</ref> Publicou tamén algúns artigos de temas lingüísticos e literarios.
 
Ballesteros foi un dos asiduos dos faladoiros da coruñesa [[Cova Céltica]], a animada e erudita trastenda galeguista de entre séculos, radicada na libraría de [[Uxío Carré Aldao]]. En [[1905]], Pérez Ballesteros formou parte da comisión con representantes de toda Galiza, que segundo encomenda de [[Manuel Curros Enríquez]] desde [[Cuba]], debería encargarse de organizar a [[Real Academia Galega|Academia Galega]]; Ballesteros, xunto con [[Manuel Murguía]], era o representante da [[provincia da Coruña]]. Pouco tempo despois, Pérez Ballesteros foi un dos corenta membros fundadores da Real Academia Galega, da que foi o seu primeiro tesoureiro.